Categorías: Actualidade

Luis Álvarez acusa a Rueda de actuar como “presidente vicario”, agardando a que Feijóo “lle marque a ruta a Galicia” dende a sede do PP

Sinala que o presidente da Xunta “non está á altura das circunstancias”, ausente hoxe das negociacións sobre pesca en Bruxelas como estivo ausente do cumio hispano – alemán da semana pasada

Reclámalle a Sanidade “vontade política” para habilitar de novo os centros de saúde para subministrar a cuarta dose da vacina ás persoas maiores, obrigadas a desprazarse aos hospitais polos seus medios

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe que Alfonso Rueda estea a demostrar que “non está á altura das circunstancias” como presidente da Xunta. O responsable socialista lamentou que o titular do goberno galego actúe “de forma vicaria” seguindo as decisións de Feijóo, agardando a que “Génova lle marque a ruta a Galicia”.

Álvarez referiuse tanto á decisión de reducir os impostos aos máis ricos como á súa falla de presenza nos asuntos que afectan directamente a Galicia. Así o demostrou tanto coa “falla de respecto institucional” amosada ausentándose do cumio hispano – alemán celebrado en A Coruña a semana pasada como hoxe mesmo, manténdose en Galicia cando entra en vigor o veto á pesca de fondo nos caladoiros da UE.

Afeoulle ao presidente da Xunta que estea ausente do encontro do presidente de Andalucía co comisario de Pesca prevista para hoxe en Bruxelas, na que Galicia podería ofrecer unha posición conxunta en contra dunha “decisión inxusta e arbitraria”, tomada sen atender a informes actualizados nin ao impacto socioeconómico sobre Galicia.

Criticou que Rueda prefira manter a súa axenda de hoxe, composta por un encontro coa Real Academia Galega que, dixo, constitúe unha institución “perfectamente respectable”, pero para Galicia hoxe é “moitísimo máis importante” ofrecer unha fronte común con Andalucía e o Estado español en contra da prohibición. Explicoulle ao presidente da Xunta que a RAG “vai seguir estando alí a semana que vén” para que poida aprazar a visita de hoxe.

Luis Álvarez lamentou que Rueda “aínda non é consciente de que representa á Comunidade Autónoma de Galicia”, senón que está máis pendente das instrucións enviadas por Feijóo dende a sede do PP. Explicou que o ex presidente da Xunta “tomou unha decisión persoal, foise e ben ido está, pero se é líder da oposición estatal xa non é presidente da Xunta”.

Confesou que “resulta persoalmente doloroso” ver como o presidente da Xunta está “apantallado” por Feijóo, e reclamoulle que “teña posición propia e defenda as medidas que considere que debe tomar, sen agardar a que Génova e Feijóo lle marquen a ruta a Galicia”.

Vacinación

O portavoz do Grupo Socialista reclamoulle ao goberno galego que abra de novo os centros de saúde para subministrar a cuarta dose da vacina da covid ás persoas maiores, agora mesmo obrigadas a desprazarse ata os hospitais por “falla de vontade política”. Explicou que “é un mero problema de contratación de persoal” que podía terse evitado dende o principio.

Sinalou as declaracións do alcalde de Quiroga, profesional sanitario membro do PP, que vén de criticar publicamente o modelo de vacinación, sinalando que “se o responsable non o entende, que dimita”. Álvarez esixiu que “sexan sensibles aos problemas da poboación maior para asistir ás vacinacións programadas”.

Puxo como exemplo o caso do concello de Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo sen conexión coa capital da provincia mediante transporte público, polo que as persoas maiores de 80 anos están obrigadas a desprazarse polos seus propios medios ata o Hospital Lucus Augusti.

Derrubamento O Caurel

Finalmente, reclamoulle á Xunta que explique as declaracións públicas do ex delegado do goberno en Lugo e actualmente deputado Xosé Luis Balseiro sementando dúbidas sobre a seguridade das actuacións do goberno no viaduto da A-6 no Castro.

Lamentou esta “mostra de imprudencia” fronte á actuación do goberno e demostran que “para un problema gravísimo están a cuestionar todo”, mentres demostran que “non teñen alternativas” para o derrubamento da estrada LU-651 no Caurel.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10