Categorías: Actualidade

Leticia Gallego reclama o arranxo da PO-313 Moaña-Marín e a construción dunha senda peonil e ciclista na vía

Lamenta a “discriminación” á que está sometida á veciñanza de Moaña por parte da Xunta ao “non atender as súas demandas”

A deputada socialista Leticia Gallego visitou hoxe Moaña, na compañía da súa tenente de alcalde, Marta Freire, para anunciar unha batería de iniciativas que o PSdeG vén de presentar na Cámara galega.

Dende a PO-313, a responsable socialista urxiu á Xunta o arranxo das beirarrúas da estrada principal que une os concellos de Marín e Moaña, unha vez que ten “un problema de seguridade e accesibilidade” e precisa, entre outras cuestións, de pasos de peóns “que eviten o efecto barreira dentro dos barrios”, así como medidas que permitan a redución da velocidade, tal e como prescribe o novo regulamento de circulación.

Noutro orde de cousas, a voceira socialista pediu a construción dunha senda peonil e ciclista pola mesma vía, tal e como xa está aprobado no Plan de Mobilidade Sustentable Municipal de Moaña, onde se contempla a súa realización “como mínimo” dende o aparcadoiro de Broullón ata a rotonda Porta do Almacén. Esta actuación, sinalou, é unha “demanda histórica” que “conta co respaldo de varias asociacións veciñais da vila”.

A “DISCRIMINACIÓN” DA XUNTA SEGUNDO A COR POLÍTICA

“A Xunta de Galicia discrimina á veciñanza de Moaña ao non atender as súas demandas”, alertou a dirixente socialista, logo de coñecer o “desleixo” do goberno galego co respecto municipio que quedou plasmado tamén no voto en contra do PP á emenda elaborada polo PSdeG aos orzamentos da Xunta de 2021 onde se contemplaba a realización destas dúas actuacións para a vila do Morrazo.

Así, a responsable socialista lembrou que “Feijóo ten que gobernar para todos os galegos e galegas”, xa que “toda a cidadanía merece boas infraestruturas”.

“Os 313 municipios de Galicia merecen que a Axencia Galega de Infraestruturas invista neles e non como acontece agora”, subliñou Gallego, logo de saber que o goberno galego gastou “máis de 14 millóns de euros en concellos gobernados polo PP” fronte a un investimento de “280.000 euros en concellos dirixidos por gobernos socialistas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13