Categorías: Actualidade

Martín Seco urxe á Xunta a poñer en marcha un plan de xestión do xabaril, un fondo de corresponsabilidade e un plan de indemnizacións

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de reclamarlle á Xunta que poña en marcha un plan de xestión do xabaril, un fondo de corresponsabilidade e un plan de indemnizacións. Seco presentou unha pregunta na Comisión de Agricultura celebrada hoxe para reclamarlle á Xunta que cumpra coa resolución neste sentido aprobada hai sete meses na Cámara autonómica.

 

O responsable socialista denuncia a falla de apoio por parte do goberno galego para os agricultores que tiveron que soportar unhas perdas estimadas en 70 millóns de euros pola actuación desta especie nos últimos 6 anos, mentres a Xunta de Galicia “tan só cubriu 6 millóns”. Esta situación, sinala, levou a que “moitas explotacións se endebedaran ou ben deixaran a actividade completamente”.

 

Denuncia o “desleixo” do goberno galego, que entre 2016 e 2019 renunciara a convocar as axudas polos danos ocasionados polo xabaril nos cultivos agrícolas, xustamente ata o momento da convocatoria electoral. Daquela reproduciron “un espectáculo lamentable enviando cartas a poucos días dos comicios anunciando axudas económicas que foran denegadas en xuño, e todo sen indicar orzamento nin prazos”.

 

Martín Seco alerta ademais de que o servizo do teléfono 012, a vía para iniciar os trámites administrativos, responde poñendo as chamadas en espera ata que transcorre o tempo máximo e a chamada é cancelada.

 

A situación actual, dixo, “evidencia o fracaso do modelo actual para controlar as poboacións de xabarís”, xa que a falla de censos directos da especie, son os indicadores indirectos, como as tendencias dos danos nos cultivos e dos accidentes de tráfico, os que apuntan ao aumento das poboacións ano tras ano. O modelo actual, apunta “non logra estabilizar as poboacións, pese ás 21.000 batidas anuais en Galicia”.

 

Esta situación evidencia que a emerxencia cinexética resulta insuficiente para controlar á especie, polo que reclama diversas actuación como reformar o sistema de recollida de información, que tería custe cero para a Consellería e permitiría facer fiables os datos das capturas. Propón ademais cambiar a normativa no referente ás actuacións permitidas aos tecor para previr danos, fundamentalmente no millo.

 

Propón tamén a posta en marcha de medidas preventivas como a instalación de comedeiros con anterioridade ao tempo de sementa, ou medidas de mitigación, como a solta de cans nas zonas afectadas, así como a valorización da carne de caza.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024