Categorías: Actualidade

Lage Tuñas sinala en Negreira que o PSdeG é “sinónimo de gobernos estables e centrados en dar solución aos problemas da xente” fronte aos líos” dos gobernos do PP “como en Ourense”

O secretario de Organización do PSdeG apunta en Negreira que “para seguir avanzando nos concellos o mellor equipo é o do partido socialista”

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, dixo hoxe en Negreira que o PSdeG é “sinónimo” de “gobernos estables e centrados en darlle solución aos problemas da Xente” fronte aos “líos dos gobernos do PP como en Ourense”. Lage Tuñas visitou a Feira de Negreira xunto co alcalde e candidato á reelección, Manuel Ángel Leis.

O responsable socialista contrapuxo a estabilidade nos gobernos liderados polo PSdeG fronte ao “modelo do PP”, que lembrou que foi quen puxo a Jácome á fronte da alcaldía de Ourense, e o malogrado exemplo de Conde Roa, Currás e Agustín Hernández en Santiago de Compostela.

Dixo que o PSdeG ten “grandes alcaldes e alcaldesas e na comarca de Compostela”, onde apuntou que “aspiramos a revalidar e incrementar as alcaldías gobernando para a maioría social de Galicia e “centrados en dar solucións aos problemas dos cidadáns”.

“SAIMOS AO CAMPO DE XOGO CUNHA GRAN ALINEACIÓN, O PSdeG É A MELLOR GARANTÍA DE PROGRESO PARA AS CIDADES E VILAS DE GALICIA

Lage Tuñas defendeu o traballo dos alcaldes socialistas no entorno de Compostela, “como Ángel Leis en Negreira, Blas García en Ames, Pablo Lago en Brión, Luis Rey en Oroso ou Xosé Sánchez Bugallo en Santiago”. Constitúen, dixo, “un plantel que se verá incrementando con novos alcaldes e alcaldesas a partir do 28M”. Subliñou que “só o PSdeG pode presentar unha aliñación con xogadores deste nivel, que ningún outro partido pode sacar ao campo de xogo”.

Explicou que “no PSdeG centramos o noso programa para os vindeiros catro anos concello a concello, facendo da economía, o emprego e as políticas sociais un dos eixos claves da nosa acción política”.

Lage destacou que, xunto á economía, os socialistas centrarán os seus esforzos en seguir construíndo cidades e pobos “pensados para vivir, desenvolvendo políticas de igualdade que poñan ás familias no centro da acción política para que teñan espazos de conciliación e convivencia”.

E o terceiro eixo, engadiu, serán as políticas saudables, “onde o medio ambiente sexa un vector transversal de toda a acción política pensando en transformar cidades e pobos en espazos de convivencia pensando sempre nas persoas.

“RUEDA FÓRA DE XOGO, SEN PROXECTO E SEN RUMBO”

O secretario de Organización do PSdeG non deixou pasar a ocasión de destacar a “pasividade” do goberno galego diante de asuntos de interese xeral para Galicia, e advertiu que “Rueda está máis pendente do que di ou fai Feijóo que dos problemas dos galegos e galegas”. Lage situou ao presidente da Xunta “en fora de xogo” no día a día e “carente de proxecto para Galicia”.

Lamentou que “o PP dende a Xunta non ten respostas aos grandes problemas de Galicia”, polo que “Rueda e os seus conselleiros limítanse a actuar como unha xestoría que abre só en horario de mañá.”

E rematou dicindo que “a única alternativa progresista viable para cambiar Galicia pasa polas boas políticas municipais que facemos os socialistas, que son un bo botón de mostra do que os socialistas podemos ofrecerlle ao noso país”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57