Categorías: Secretaría Xeral

Formoso resalta a “ilusión” que percibe nos actos do PSdeG do inicio da campaña do 28M: “é a gasolina diaria que nos empuxa para gañar”

O secretario xeral dos socialista galegos mostrouse convencido de que se vai romper “a dinámica histórica” e Mato revalidará a alcaldía de Ferrol

“Hai razóns máis que suficientes para pedir coa cabeza ben alta que se nos apoie, porque investir en nós é investir no futuro de Galicia”, sinalou Formoso

14 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, resaltou hoxe a “ilusión e a conectividade coas ideas socialdemócratas” que se percibe nos actos celebrados nos primeiros días de campaña, e destaca que esta ola de adhesión é “a nosa gasolina diaria que nos impulsa” para conseguir un Partido Socialista “imperante” nas eleccións do 28M, para impoñerse logo nas xerais e, despois, nas autonómicas galegas.

O número un dos socialistas galegos fixo estas valoracións no Feirón de Cedeira, onde participou nun reparto de publicidade electoral con varios membros da candidatura socialista, así como co alcalde, Pablo Diego Moreda, de quen destacou “o proceso de transformación e de progreso que está a levar a cabo na sociedade cedeiresa”.

Formoso subliñou que entre os veciños e veciñas de de Cedeira percíbese “a mesma ilusión que en todos os concellos de Galicia que visitei ata o de agora”, onde os socialiStas están a despregar unha campaña en positivo, centrada nas persoas, fronte á “desconexión” doutras formacións, como o Partido Popular, especialmente co electorado máis urbano.

“Para transformar un país é imprescindible ter conexión cos dous mundos, co urbano e co rural, para estar vinculado cunha Galicia que camiña e avanza unida”, asegurou Formoso. Para el o PSdeG é unha forza que “está presente e comprende” ambos mundos, polo que é a mellor cualificada para “representar ao país” no seu conxunto.

“NON É IGUAL QUEN GOBERNE”

Formoso tamén apuntou que o contexto actual, cando acabamos de saír dunha pandemia e aínda vivimos os efectos da guerra de Ucraína, “non é igual que goberne o PP ou o PSOE”, non é o mesmo que as decisións as tome Rajoy e Feijóo a que as tome Pedro Sánchez, porque son os socialistas os que fixeron forza “regando Europa” con fondos públicos, “e grazas a iso despregamos unha política de protección social nunca vista no país”.

Iso é o que está a permitir que as traballadores que pedían un salario mínimo digno, o teñan, e que os pensionistas teñan unha lei “que os ampara e os dignifica cun fondo de garantía de pensións que Rajoy deixou en cero” e que coa nova lei vai estar dotado con 147.000 millóns de euros. Esa aposta polo público facilita tamén, abondou Formoso, que os científicos non teñan que emigrar, que os rapaces que queiran formarse na FP Dual poidan facelo ou que infraestruturas básicas como a AP-9 teñan descontos nas peaxes do 50%.

Polo tanto, insistiu o dirixente socialista, todas estas medidas proban que “hai razóns máis que suficientes para pedir, dende a humildade e coa cabeza ben alta, que se nos apoie”, porque todos eses investimentos feitos nas políticas dirixidas ás persoas significan tamén “investir no futuro de Galicia”.

O secretario xeral do PSdeG tamén se referiu ás sondaxes publicadas, dixo que “a nosa enquisa” é a que palpan os socialistas día a día cando percorren as rúas, as fábricas ou as entidades sociais, e “Percibimos empatía”, dixo. Tamén se mostrou convencido de que os socialistas van ter a posibilidade de revalidar a alcaldía de Ferrol, con Ángel Mato á fronte. “Esta vez vaise romper a dinámica histórica e o alcalde de Ferrol vai volver a repetir nunha cidades que necesita continuidade para despregar os proxectos”, incidiu.

De feito, o líder socialista mostrou convencidos de que “Ferrol vai exercer responsablemente o seu voto”, porque os ferroláns e ferrolás saben que estar en sintonía cos alcaldes de Vigo e Santiago ou coa alcaldesa da Coruña, saben que estar “unidos á inmensa maioría” dos concellos da comarca de Ferrolterra supón “unha forza imparable” para ter estabilidade e poder despregar os proxectos iniciados en materia de construción naval e de Defensa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13