Categorías: Actualidade

Lage Tuñas defende en Dodro o modelo de xestión socialista como “garantía de progreso e xustiza social” e augura “máis alcaldías socialistas o 28M”

O Secretario de Organización do PSdeG intervén na homenaxe a tódolos candidatos e alcaldes socialistas de Dodro dos últimos 44 anos

Reivindica que “votar ao partido socialista é apostar por un goberno municipal solvente e que traballe para a maioría social”

O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas  participou hoxe xunto ao secretario provincial, Bernardo Fernández e ao actual alcalde e candidato á reelección, Xabier Castro, na homenaxe celebrado en Dodro a tódolos candidatos e alcaldes socialistas dos últimos 44 anos.

Lage Tuñas interveu diante de máis de 200 veciños e veciñas de Dodro, onde renderon homenaxe aos 5 candidatos que tivo o PSdeG-PSOE dende 1979, data das primeiras eleccións municipais, e fixo especial mención ao primeiro alcalde socialista deste concello, Arturo Díaz que “puxo fin a moitos anos de gobernos conservadores”.

Tamén destacou o importante traballo que está facendo o actual alcalde e candidato á reelección, Xabier Castro Tourís, que “está mellorando a vida dos veciños, pensando no interese xeral, facendo que Dodro avance”. Asegurou que o PSdeG é a “mellor garantía de progreso e xustiza social”, e augurou que o 28 de Maio “haberá máis alcaldías socialistas”.

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, reivindicou que “votar ao partido socialista é apostar por un goberno municipal solvente e que traballe para a maioría social”.

Subliñou que “os socialistas centraremos os nosos esforzos na Economía, en seguir construíndo cidades e pobos pensados “para vivir, para seguir desenvolvendo políticas de igualdade que poñan ás familias no centro da acción política, para que as atopen espazos de conciliación e convivencia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13