Categorías: Actualidade

Julio Torrado sinala a “incapacidade de xestión” e “conformismo” de Feijóo á hora de facer efectivo o acceso á vivenda

Julio Torrado denuncia a “resignación” de Feijóo a ser un “mero burócrata”, máis preocupado de ser “tertuliano das cousas que pasan en Madrid” que de xestionar o goberno galego

O portavoz adxunto do Grupo Socialista, Julio Torrado, anunciou hoxe que o PSdeG centrará as súas iniciativas no próximo Pleno do Parlamento a sinalar a “incapacidade de xestión” e “conformismo” do goberno galego e do propio Feijóo. Logo da Xunta de Portavoces, explicou que a pregunta ao presidente estará centrada na súa “ineficiencia e incapacidade” á hora de xestionar as políticas de vivenda competencia de Galicia.

O responsable socialista puxo o foco sobre a “parálise absoluta” das políticas de Vivenda por parte do goberno, o que deriva nunha “situación negativa especialmente para a xente que tenta de emanciparse”. Lamentou que Feijóo “intenta ser tertuliano das cousas que pasan en Madrid, pero nada sabemos do que está a facer en Galicia” á fronte do goberno galego.

O caso das políticas de vivenda constitúen, dixo, “un caso paradigmático desta incapacidade de xestión dun goberno ao que lle gusta ser comentarista, pero politicamente resulta tremendamente conformista”. Lamentou que mentres o Executivo central está a dar pasos adiante para garantir consolidar o dereito á vivenda como quinto piar do Estado do Benestar, o goberno galego fai política de brazos caídos.

Os socialistas presentarán tamén iniciativas relativas a Industria, Emprego, ou I+D, todas elas cuestións que revelan un Executivo “resignado a ser mero burócrata”, dixo, con consecuencias “negativas para Galicia”, incluso cando “como tal son bastante frouxiños”.

O Grupo Socialista presentará así, explicou, unha interpelación sobre a política industrial de Galicia, sinaladamente sobre a situación da Mariña luguesa, neste caso para reclamarlle á Xunta que explique as xestións para implantar a fábrica téxtil de Altri na comarca. Unha comarca, dixo, que está a padecer a crise provocada polo peche das factorías de Alcoa ou Vestas, “demoledoras para o emprego industrial”.

Torrado sinalou ademais unha proposición non de Lei sobre a execución e políticas de emprego, cando Galicia “é a Comunidade Autónoma do Estado que menos avanza” na creación de postos de traballo. Neste caso o Grupo Socialista presenta unha proposta para que as corporacións locais sexan beneficiarias do Programa de primeira experiencia profesional.

Tamén presentarán unha interpelación sobre a baixa execución de fondos de I+D por parte da Xunta, que “seguen a ser inferiores á media estatal”, o que revela que “non hai unha aposta decidida por parte do goberno galego”. A listaxe de iniciativas presentadas polo Grupo Socialista continúa cunha proposición non de Lei para incrementar o orzamento do programa para impulsar a innovación nas pequenas e medianas industrias.

Tamén presentarán unha moción para esixirlle á Xunta que cumpra coa Lei que obriga a facer públicas as estatísticas sobre contratación pública, e o apartado de preguntas orais centrarase no transporte interurbano de viaxeiros no Eume, a situación do centro de saúde e o PAC de Vilalba e os prazos previstos pola Xunta para licitar o contrato de xestión da estación de esquí de Manzaneda.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21