Categorías: Actualidade

Guillermo Meijón e Diego Taibo presentan no Congreso unha proposta a favor dos traballadores de Repsol A Coruña

O portavoz dos Socialistas Galegos no Congreso, Guillermo Meijón, e o deputado por A Coruña Diego Taibo veñen de rexistrar unha proposición non de Lei no Congreso dos Deputados en apoio aos traballadores afectados polo ERTE de Repsol nas refinerías de A Coruña, Puertollano e Muskiz.

O Grupo Socialista presentou esta proposta para “propiciar e animar o mantemento da interlocución entre empresa e representantes da plantilla” na busca dunha “solución que faga posible a reversión do ERTE anunciado”. Os socialistas propoñen ademais “valorar proxectos vencellados aos fondos europeos Next Generation EU en zonas de gran dependencia do sector do refino e outras enerxías non renovables”.

Ademais, presentarán a petición á empresa para que manteña os postos de traballo diante do recen constituído grupo de traballo técnico do refino entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, administracións e representantes empresariais.

Meijón e Taibo urxen á empresa a acadar un acordo cos traballadores a decisión “conxuntural” do ERTE que “podería resolverse dunha maneira negociada, dado que xa se comeza a intuír a fin da pandemia grazas ao incremento nos ritmos de vacinación, o que permite agardar un próximo aumento da mobilidade e do consumo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33