Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ve que Feijóo “chega tarde e mal a rectificar a súa política austericida” porque Galicia “está á cola de España en axudas directas”

“Desconfiamos do Feijóo que recortou os servizos públicos durante 11 anos, que abandona á hostalería nesta crise e que oculta os proxectos que quere impulsar con fondos europeos”, advirte o secretario xeral

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Interparlamentaria do PSdeG na que se analizou o anteproxecto de orzamentos da Xunta.

Nese foro, o líder socialista remarcou que Feijóo “chega tarde e mal a rectificar a súa política de austericidio”, toda vez que “o seu proxecto estrela”, un plan para a hostalería dotado con 17 millóns de euros, está moi por debaixo do que invisten outras comunidades cun nivel de poboación menor.

De feito, Gonzalo Caballero sostivo que “Galicia está á cola de todas as comunidades” en axudas directas nesta pandemia, xa que “non hai nin un só pequeno comerciante ou hostaleiro que recibira un só euro da Xunta” dende o pasado mes de marzo, a pesares da súa situación “crítica”.

“Pedímoslle a Feijóo que traballe para defender á xente fronte aos riscos desta crise”, incidiu o dirixente socialista, consciente de que un proxecto de axudas para a hostalería galega con só 17 millóns de euros amosa que “Feijóo vive illado en Monte Pío e sen ter en conta as necesidades dun país que o está a pasar tan mal“.

Así pois, Gonzalo Caballero sinalou que “se esa é a orientación de Feijóo para enfrontar esta pandemia, temos que desconfiar”. “Desconfiamos do Feijóo que recortou os servizos públicos durante 11 anos, do Feijóo que abandona á hostalería nesta crise e do Feijóo que oculta os proxectos que quere impulsar con fondos europeos para relanzar Galicia”, manifestou.

LOITA CONTRA A DESIGUALDADE

Pendente da entrada dos orzamentos da Xunta no Parlamento, no que fixo fincapé o secretario xeral do PSdeG é en que “as políticas de Feijóo fronte á crise foron un fracaso” ata o de agora, polo que cómpre apostar por “políticas expansivas e con compromiso social”.

“Ten que poñer todas as capacidades da Xunta para salvar aos galegos e ás galegas”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista da “falla de rumbo” que está amosando Feijóo. “Hai que poñer as prioridades na defensa das persoas, na loita contra a desigualdade e no impulso da economía”, reivindicou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero asegurou que o PSdeG seguirá traballando nesa liña, apostando por “políticas anticíclicas que reactiven a economía” e por “políticas sociais que protexan ás persoas e freen o aumento da desigualdade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06