Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que aclare se tenta “purgar” ao xinecólogo de Verín tralas protestas que frearon o peche do paridoiro

O PSdeG requirirá explicacións no Parlamento pola apertura dun expediente disciplinario ao doutor Castrillo

Santiago, 21 de novembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe a Feijóo que aclare os motivos da apertura dun expediente disciplinario ao doutor Castrillo, o xinecólogo comprometido co movemento ‘Verín no se pecha’ para frear a clausura do paridoiro desta vila ourensá.

De feito, xa avanzou que o Grupo Socialista levará esta cuestión ao Parlamento, para que a Xunta aclare se esta manobra é “un intento de purgar” a un profesional que discrepou publicamente das decisións do goberno galego.

“Sorprende moito que o Sergas decida agora expedientar a quen foi unha das caras visibles dunha protesta que obrigou a Xunta a rectificar no desmantelamento do hospital comarcal de Verín”, subliñou o líder do PSdeG.

E, tras amosar o seu “apoio” a quen é o xefe do servizo de xinecoloxía de Verín, Gonzalo Caballero reclamou a Feijóo que se comprometa “decididamente” co mantemento do servizos nos hospitais comarcais e co necesario reforzamento da atención primaria na sanidade pública.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18