Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe á Xunta que ofreza un servizo de atención primaria “de calidade” na Costa da Morte: “O que ocorre coas listas de espera nos centros de saúde non é de recibo”

O secretario xeral do PSdeG visita a lonxa de Malpica xunto a alcalde, Walter Pardo, e insta ao goberno galego a arranxar o porto e a cimentación da entrada á vila

O dirixente socialista visita Camariñas xunto a súa alcaldesa, Sandra Ínsua, e reclama “investimentos, servizos públicos e transporte de calidade”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Malpica en compañia do alcalde, Walter Pardo, e do vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena.

Dende alí, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos lamentou a “saturación” que está vivindo a sanidade pública e, particularmente, a Atención Primaria cando “non hai persoal suficiente” e “non se cobren vacacións nin baixas”.

No caso de Malpica, censurou, “o centro de saúde quedou sen pediatra como cada verán”, o cal supón un “enorme prexuízo” para as familias do municipio. “O servizo dos centros de saúde non está ao cen por cen en todo o ano, xa que se reduciu o número de médicos residentes a tempo completo”, censurou.

“O que ocorre coa sanidade pública non é de recibo para a Galicia do século XXI”, subliñou, “e máis cando hai fondos anticovid que o goberno de España remite a Galicia para mellorar os servizos públicos”.

Al fío disto, o secretario xeral lembrou que o goberno galego disporá, nos vindeiros meses, de 828 millóns de euros procedentes do Fondo Covid que achegará o goberno de España, o que converte a Galicia na “quinta comunidade autónoma que máis diñeiro recibe”.

“Non é por falla de cartos”, polo que a Xunta “debe aproveitar estes fondos extraordinarios para fortalecer os servizos públicos, empezando pola sanidade, a educación ou os servizos sociais”.

INFRAESTRUTURAS “DESFEITAS”

Noutra orde de cousas, o lider do PSdeG pediu ao goberno galego que arranxe o porto pesqueiro de Malpica, xa que “está desfeito” e isto ocorre “nunha vila que vive plenamenre do mar”. “A vida de Malpica está no porto e a veciñanza precisa un mantemento digno”, sentenciou.

Ademais, Gonzalo Caballero instou a Xunta a que mellore a cimentación da entrada da estrada AC-418, “unha obra que se rematou hai menos dun ano e cuxo resultado evidencia problemas”.

HOMOLOGACIÓN DO CAMIÑO DOS FAROS

Doutra banda, o secretario xeral reiterou o compromiso do PSdeG coa homologación do Camiño dos Faros. “A Xunta ten que aliarse coa Costa da Morte e Bergantiños e esta ruta turística é fundamental para o seu desenvolvemento turístico, económico e cultural”.

Deste xeito, Gonzalo Caballero respaldou as demandas do alcalde, a quen lle recoñeceu e agradeceu o seu compromiso e o “bo traballo” ao servizo da veciñanza en tempos de pandemia.

CAMARIÑAS

Despois da visita a Malpica e continuando a ruta pola Costa da Morte, o líder do PSdeG acudiu a Camariñas, onde estivo acompañado da súa alcaldesa, Sandra Ínsua, avaliando as necesidades da vila.

Dende alí, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a “facer investimentos, mellorar os servizos públicos e tamén a dispor dun transporte público de calidade”. “Estamos comprometidos coa Costa da Morte e con Camariñas”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08