Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo a “baixar do pedestal” e abrir diálogo: “A Xunta renunciou a impulsar a reconstrución, busquemos acordos polo ben de Galicia”

O líder socialista critica que a Xunta está “inactiva, de brazos caídos” fronte á crise e ofrece a súa “man tendida” para traballar polo futuro de Galicia: “Os asuntos de país están por riba”
O secretario xeral subliña que cómpre “dar esperanza” ás xeracións máis novas e loitar contra os riscos de “desigualdade e pobreza” que deixa esta crise, e lamenta que Feijóo “recúe” e rexeite reunirse coa oposición

Santiago, 9 de marzo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe a Feijóo a “baixar do pedestal” e buscar acordos tanto cos grupos parlamentarios como cos axentes sociais e económicos do país e cos gobernos locais para reconstruír Galicia. “Non é o momento de ensimesmarse na maioría do PP, senón de buscar o diálogo e o acordo”, remarcou.

Sobre todo, como dixo o líder socialista ante o pleno do Parlamento, porque “non podemos saír desta crise co modelo de recortes e de austeridade” que o PP galego aplicou durante 10 anos logo da Gran Recesión.

A reconstrución, indicou, pasa por avanzar na vacinación, para o que o goberno de España destina máis de 1.000 millóns de euros; por acertar nas restricións, logo do “fracaso” da estratexia ‘Salvar o Nadal’ e do erro de quen propuxo o confinamento absoluto “en outubro e en febreiro”; e por reactivar a economía.

Nese senso, Gonzalo Caballero apostou por “modernizar” o noso tecido produtivo como vía tamén para “dar esperanza” ás xeracións máis novas, que non ven futuro no noso país. “Pero a Xunta está ausente nos retos da Axenda 2030, na política industrial, na creación de emprego…”, sinalou.

“Temos a impresión de que vostedes renunciaron á construción da Galicia do futuro”, evidenciou o voceiro do PSdeG no Parlamento, tras constatar que a Xunta está “inactiva, de brazos caídos”. Por iso, volveu ofrecer a “man tendida” dos socialistas galegos para enfrontar estes “momentos complicados” con “carácter construtivo”.

“UN GRAN ACORDO DE PAÍS”

“Nós somos contundentes en contra dos recortes nos servizos públicos, da destrución de emprego e dos retrocesos en dereitos; pero somos leais para traballar fronte á crise”, remarcou Gonzalo Caballero, crítico con que Feijóo non lle fixera “unha soa chamada” dende que formou goberno hai máis de seis meses.

“Busque un gran acordo”, reclamou o máximo responsable do PSdeG, consciente de que “os asuntos de país están por riba” de calquera cuestión. Precisamente por iso, emprazou a Feijóo a poñer “hora e sitio, no formato que queira” para manter unha xuntanza cos grupos parlamentarios e enfrontar os riscos de “desigualdade e pobreza” que deixa esta crise.

“Non pode dar por perdida a oportunidade de pactar a modernización de Galicia co caudal de fondos que chega da Unión Europea”, subliñou Gonzalo Caballero, crítico con que os 108 proxectos para obter fondos europeos dos que falou Feijóo son “dez follas sen alcance nin contido” sobre os que a Xunta operou “con mutismo e escurantismo”. “Fake news”, resumiu.

Visto que Feijóo “recúa” a rexeita reunirse coa oposición, o dirixente socialista urxiu a Feijóo a “deixar a estratexia do PP”. “Entendo que o PP está nunha situación moi complicada coa súa propia crise e por iso non fala con ninguén, pero deixe de estar preocupado por Casado e por Bárcenas e traballe por Galicia”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00