Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero traslada á alcaldesa de Cee “o respaldo de todo o PSdeG para desenvolver o proxecto de progreso” para a vila

O secretario xeral traslada ao comité de empresa de Xeal que o Grupo Socialista reclamará no Parlamento “o plan de viabilidade e o mantemento da actividade industrial e o emprego”

A alcaldesa de Cee esixe á Xunta que cumpra con Xeal e recorda que “aínda non temos resposta” á petición de reunión con Feijóo de todos os rexedores da Costa da Morte

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Cee para trasladar á súa alcaldesa, Margarita Lamela, “o respaldo de todo os socialistas galegos para desenvolver o proxecto de progreso” que está liderando na vila.

De feito, Gonzalo Caballero puxo en valor “a magnífica xestión” levada a cabo nos eidos social e sanitario, así como no relativo ás Infraestruturas.

“É un proxecto en beneficio e interese dos veciños e das veciñas de Cee por parte dun goberno comprometido coa xente e con que ninguén quede na cuneta”, destacou o líder do PSdeG.

Ademais, Gonzalo Caballero mantivo unha xuntanza co comité de empresa de Xeal (a antiga Ferroatlántica), na que lles trasladou que o Grupo Socialista seguirá reclamando no Parlamento “o plan de viabilidade e o mantemento da actividade industrial e o emprego” da planta.

Trala sentencia do TSXG que impide á empresa segregar as actividades de ferroaleaxe e a produción de enerxía, toda vez que se trata dunha concesión pública, o dirixente socialista reclamou á Xunta “compromiso” cunha industria “fundamental” para a Costa da Morte.

XUNTANZA COS ALCALDES

Tamén a rexedora fixo fincapé na “boa nova” que supón a decisión xudicial e requiriu á Xunta “un plan de viabilidade para manter íntegro o emprego”, uns 260 postos de traballo directos.

Do mesmo xeito, celebrou a prórroga por parte de Costas do Estado da piscifactoría de Lires ata o ano 2056.

Neste contexto, lamentou que “aínda non temos resposta” por parte de Feijóo á petición de reunión feita por todos os alcaldes e alcaldesas da bisbarra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57