Categorías: Actualidade

Martín Seco reclámalle á Xunta que “deixe de ceder á chantaxe” do ex alcalde de Dodro de paralizar a parcelaria “nos tribunais”

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, preguntoulle hoxe á Xunta que explique “se van seguir cedendo á chantaxe continua” do ex alcalde de Dodro e ao seu intento de paralizar a parcelaria “a base de denuncias e de mobilizar contactos en outras Consellerías”. Seco presentou unha pregunta oral en Comisión sobre a paralización deste procedemento que “xa dura demasiado tempo”.

O responsable socialista sinalou a importancia de rematar coa concentración parcelaria de Dodro – Laíño II, “necesaria para dinamizar o territorio e fundamental para o sector primario”. Lembrou que a parcelaria inclúe un polígono,  declarado como industrial polo anterior alcalde do PP cunha modificación do PXOM en solitario, contra do criterio do resto dos grupos municipais e dos veciños de Dodro, que o levou a perder as eleccións municipais.

Martín Seco reclamou o remate da parcelaria tal e como fora proxectada, sen incorporar o dito polígono industrial, e acusou ao portavoz do PP de “utilizar tódalas armas posibles para facer política nos tribunais”, e advertiu que “intenta seguir bloqueando a base de denuncias e mobilizar contactos doutras consellerías que non son Medio Rural”.

O parlamentario socialista preguntoulle hoxe ao goberno “se van retomar os traballos da parcelaria de Dodro” nesa parcela onde o exrexedor quería o polígono industrial. Lembrou que o actual goberno de Dodro amosou a súa intención de cancelar esta incorporación, ao que o PP local respondeu “incomprensiblemente” presentando unha denuncia ao actual alcalde por defender á veciñanza”.

Sinalou que esta estratexia de “acoso constante nos tribunais” somete ao Concello a un “gasto continuo en procesos xudiciais” e impide rematar cun procedemento fundamental para a economía dos concellos do rural. Criticou que “intenta xudicializar a política local paralizando a administración local a base de denuncias e acobardando aos técnicos municipais” para agochar que “carece de proxecto e ideas para exercer a política máis alá dos tribunais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18