Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Temos a forza para gañar e gobernar Galicia”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, realizou esta medianoite en Santiago o tradicional acto de pegada de carteis que marca o arranque da campaña.

En compañía do alcalde, Xosé Sanchez Bugallo, e da número dous da candidatura socialista pola provincia, Noa Díaz, Gonzalo Caballero asegurou que “temos a forza para gañar e gobernar Galicia”.

Pediu o voto por primeira vez nesta campaña a todos os que apoiaron ao PSdeG-PSOE nas distintas citas electorais do ano pasado,  posto que o seu apoio fixo posible vencer ao PP en Galicia por primeira vez na historia e que máis da metade dos galegos e galegas teñan hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista. A última peza “para construír o progreso e dar un futuro de oportunidades a Galicia”, dixo, é poñer un presidente socialista á fronte da Xunta.

“O vindeiro 12 de xullo, xogámonos o futuro de Galicia entre o PP e un PSdeG que vai liderar a maioría de progreso que necesitamos en Galicia”, afondou, “cómpre pasar páxina ao proxecto esgotado” de Feijóo que “non aporta nada positivo para Galicia neste momento”.

Ademais, coa vista posta na crise derivada da covid, Gonzalo Caballero advertiu que non podemos formular a reconstrución de Galicia de novo “con recortes, retrocesos en dereitos, privatizacións e supresión de servizos públicos”.

Así pois, “con todo o ánimo e a ilusión”, chamou a desenvolver unha campaña “en positivo” que traslade a cada galego e a cada galega que “temos un proxecto que non vai contra ninguén, senón a favor de que Galicia avance”.

VIGO

Antes da pegada, Gonzalo Caballero participou nun acto previo en Vigo en compañía do alcalde, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca, David Regades.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41