Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que a cidadanía fixo “rectificar” a Feijóo para volver á atención presencial en Primaria: “Non chegan os anuncios para paliar as listas de espera”

O secretario xeral subliña que cando Feijóo indica aos conselleiros que deixen as súas actas para “dedicarse plenamente á actividade do goberno”, está dicindo que “ata agora non estaban dedicados á reactivación en plenitude”

O líder socialista chama á Xunta a impulsar a metalurxia cun novo modelo produtivo que aposte polo I+D+i para gañar competitividade: “Os Next Generation teñen que ser o mecanismo tractor da industria galega”

O líder do PSdeG amosou a súa “firme condena” e “repulsa” ao asasinato machista ocorrido na Coruña

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Mindtech, unha feira que “representa toda a capacidade tecnolóxica e industrial do sector do metal en Galicia” e que constitúe xa unha “referencia internacional”.

Dende alí, o dirixente socialista cuestionou a falla de impulso industrial do goberno galego, ao tempo que amosou a súa preocupación pola situación que está vivindo a sanidade pública, nomeadamente a atención primaria.

Nun escenario no que o traballo de oposición e a mobilización cidadá e dos sanitarios fixo “rectificar” a Feijóo para retomar a presencialidade na atención, o líder do PSdeG requiriu á Xunta que tome medidas para “fortalecer” os cadros de persoal da sanidade pública porque “os anuncios non chegan para paliar as listas de espera”.

“As citas telefónicas simplemente son unha escusa para agochar as listas de espera en Primaria”, subliñou Gonzalo Caballero, para reclamar a continuación medidas que freen agardas que chegaron ata os 26 días en atención primaria.

“Feijóo ten que mudar a política sanitaria do seu goberno ou terá que cambiar ao conselleiro de Sanidade”, advertiu o responsable do PSdeG, á vista de que existe “un rexeitamento colectivo na sociedade galega” da xestión do Sergas.

“ALGO NON FUNCIONA BEN NA XUNTA”

En paralelo, Gonzalo Caballero abordou a renuncia dos conselleiros á súa acta no Parlamento, para sinalar que “cando Feijóo dá esa instrución” de que cómpre que “se dediquen plenamente á actividade do goberno, está dicindo aos galegos e ás galegas que ata agora o goberno da Xunta non estaba dedicado á reactivación en plenitude de tempo e funcións”.

Por iso, incidiu o secretario xeral do PSdeG, “queremos saber” se a decisión tomada onte por Feijóo “é tamén un recoñecemento dos problemas que teñen existido en Galicia ao logo deste ano en industria, sanidade ou educación”, xa que “se ten que mudar a estrutura é porque algo non funciona ben”.

En todo caso, Caballero subliñou que “esa operación non resolve nada aos galegos e ás galegas”, xa que parece máis destinada a “buscar o acomodo dalgúns membros do Partido Popular a través da súa entrada no Parlamento de Galicia”.

FEIRA MINDTECH

A maiores, aproveitando o escenario da feira Mindtech, o líder do PSdeG chamou á Xunta a impulsar a actividade do metal a través dunha nova política industrial que aposte polo I+D+i “para gañar competitividade e produtividade”. Neste senso, sinalou que os fondos europeos Next Generation “teñen que ser o mecanismo de impulso tractor da industria galega”.

“Existe un enorme potencial produtivo en Galicia, pero a día de hoxe non hai un mapa de prioridades” elaborado polo goberno galego, criticou, consciente de que “é un momento importante para reflexionar sobre a transición dixital e a importancia de apostar por novas tecnoloxías e novas formas de produción que impulsen a capacidade da metalurxia en Galicia”.

“Debemos ser quen de liderar a transición dixital, a industrial e os avances cara novos modelos de produción” que permitan a incorporación de novas tecnoloxías “en todo o que ten que ver con sectores fundamentais para Galicia como automoción, naval ou aeroespacial”, reflexionou Gonzalo Caballero.

Fronte a isto, lamentou que a economía galega sofre a falla de política económica “dun goberno da Xunta que olvida a necesidade de abordar o reto tecnolóxico e dixital a través da I+D+i”. Por iso, instou ao executivo galego a “estar á altura” e apostar por unha “nova política industrial” baseada na innovación e nas novas tecnoloxías.

ESTALEIRO BARRERAS

Sen saír do eido industrial, Gonzalo Caballero abordou cos medios de comunicación a situación de Barreras, un estaleiro que “é unha referencia para Galicia e Europa” e que “non pode ser esquecido pola Xunta”.

Neste senso, puxo en valor o acordo aprobado polo Concello de Vigo para pedir á Xunta “que respalde as fórmulas necesarias para dar solución aos problemas de pasivo que existen en Barreras”.

“É necesario que o goberno galego teña unha política para o naval que implique o impulso ao sector”, reivindicou o secretario xeral dos e das socialistas galegos.

ASASINATO MACHISTA NA CORUÑA

Ao inicio da súa comparecencia, o secretario xeral do PSdeG trasladou a súa “máis firme condena” e “repulsa” sobre o último asasinato machista ocorrido na Coruña. “Queremos amosar a nosa condena e rexeitamento, así como trasladar a necesidade de estar todas e todos unidos fronte á violencia machista”, sinalou.

“Non pode ser que cada semana e cada mes haxa novas deste tipo, que poñen en debilidade a construción dunha sociedade en igualdade en dereitos e liberdades para todos e todas”, sentenciou o líder socialista, logo de trasladar o seu “agarimo, afecto e condolencias” á familia e amizades da vítima en nome de todo o PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41