Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero salienta o compromiso do Goberno coa AP-9: “Os socialistas galegos conseguimos unha rebaixa histórica das peaxes a pesares do voto en contra de PP e BNG aos PGE”

O líder do PSdeG recorda que “PP e BNG votaron contra os Orzamentos do Estado que van rebaixar as peaxes” e pregunta á Xunta se vai contribuír con bonificacións

O secretario xeral demanda que se logre un bo acordo de rebaixa das peaxes duradeiro ata 2048 e que se faga o antes posible

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe un encontro co ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, no que constatou o compromiso do goberno de España coa rebaixa das peaxes da AP-9. O dirixente socialista instou a traballar intensamente nunha rebaixa das peaxes que debe perdurar ata 2048 e que “se pode facerse en abril ou maio, mellor que en xuño”.

O voceiro do Grupo Socialista no Parlamento chamou ao goberno de España a “non perder un minuto, nin unha semana” para acadar a transferencia e consolidar a rebaixa, incluída nos Orzamentos Xerais do Estado con 63 millóns de euros fronte aos “cero euros” que aporta Feijóo. Confirmou que “o traballo dos socialistas galegos na demanda do traspaso e a rebaixa fará que ambas cuestións sexan unha realidade”.

Ao respecto, Gonzalo Caballero requiriu ao presidente da Xunta que “non intente buscar escusas e torpedear os acordos”, senón que “aplauda cando chegue a rebaixa e que traballe para un traspaso que cando o PP gobernaba nunca quixo facer”. De feito, criticou o “cinismo sen límites” do PP de Galicia, que “vetou o traspaso da AP-9 nos gobernos de Rajoy e non traballou por acadar esta rebaixa histórica nas peaxes”, a pesar do cal “Feijóo e a súa conselleira amosan agora moita présa”.

Reclamoulles que “sexan leais” e apuntou que “percibo o nerviosismo de PP e BNG cando falamos da AP-9 porque quedaron fóra de xogo, uns por non facer nada cando gobernaban e os outros por facer unha pinza co PP para votar contra os Orzamentos do Estado que van rebaixar as peaxes”.

Caballero pediulle tanto a PP como a BNG “que colaboren” logo de constatar que “quedaron descolocados nesa pinza contra o Goberno de España en materias da AP-9”, mentres lle reclamou ao goberno de España “que chegue a un bo acordo o antes posible” coa concesionaria da infraestrutura para facer efectiva a rebaixa.

Lembrou que foi o goberno de Aznar o que “nos deixou o regalo envelenado” da ampliación da concesión, e polo tanto das peaxes, da AP-9 ata 2048 que teñen que asumir tódolos galegos e galegas e que agora será mudado “de forma histórica” polo goberno socialista.

Esixiulle a Feijóo que “ademais de estar sempre reclamando e protestando, é hora de que asuma que o PP foi responsable do que ocorre na autoestrada”. Ademais, preguntoulle “cantos fondos vai poñer para a rebaixa das custes da AP-9, porque foron Aznar, Rajoy e tamén Feijóo e Ana Pastor os que as puxeron ata 2048”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18