Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista presenta 17 preguntas na Comisión de Sanidade e Política Social para denunciar a opacidade da Xunta: “É un intento de burla e de pisoteo ao Parlamento”

Julio Torrado critica que o goberno galego non conteste a preguntas do Parlamento “de hai seis meses” cando “teñen a obriga legal de facelo en 20 días hábiles”

Marina Ortega censura a actitude “impropia” do goberno galego nun sistema parlamentario no que os gobernos deben “render contas”

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, e a voceira de Política Social, Marina Ortega, veñen de presentar 17 preguntas na Comisión de Sanidade e Política Social para denunciar a opacidade da Xunta por consideralo como “un intento de burla e de pisoteo ao Parlamento”.

“Hoxe van facer unha serie de respostas que o goberno realizará de maneira avultada, extraordinaria, para o que é o habitual nesta comisión, o que supón a constatación dun intento de burla que o goberno fai sobre este Parlamento, xa que son preguntas do ano pasado”, aseverou Torrado, quen criticou duramente a “opacidade” e “falla de transparencia” do goberno galego, que “pasa de largo” e “evita dar contas”.

Torrado sinalou que existe un “problema de saúde democrática no país” cando a Xunta tarda “seis meses en contestar unha pregunta” á que habitualmente responden “con dous ou tres parágrafos”.

“Vostedes son un goberno claramente lexítimo cun claro mandato e, os deputados e deputadas da Cámara somos igualmente lexítimos. Temos dereitos e deberes. Nós temos o dereito a preguntar e vostedes o deber de contestar”, aseverou o responsable socialista.

Nesta liña, censurou que, por exemplo, se respondese a unha pregunta realizada o día 13 de outubro de 2020 polo Grupo Socialista o día 27 de xaneiro de 2021, o que implica que “tardaron 4 meses en contestar un parágrafo, un só parágrafo”.

O responsable socialista criticou que, pola contra, a Xunta “só tardou unhas poucas horas en contestar ás 17 preguntas” cando “se rexistraron todas as preguntas e a orde desta comisión”, o que supón que, en realidade, “non tiñan vontade de contestar”.

“O goberno non pode decidir se contesta ou non a unha pregunta, xa que é a súa obriga contestar”, sentenciou o responsable socialista quen sinalou que a Xunta “preferiría outro sistema” no que “ninguén os fiscalizara”. Neste senso, lembrou que o propio presidente da Xunta pasou de intervir “todos os días en directo na televisión” a “estar ausente” e non querer dar explicacións da xestión da pandemia dende que ten as competencias sanitarias sobre a mesma.

Doutra banda, a voceira de Política Social amosou tamén o seu desacordo pola actitude do goberno galego que considerou “impropia” dun sistema parlamentario no que os gobernos deben “render contas” ante a cidadanía.

As preguntas que se levaron á comisión trataban diversas cuestións como as previsións de evolución da covid en Galicia, as reticencias da Xunta fronte á declaración do Estado de Alarma, o impacto da pandemia na caída da atención presencial nos centros de saúde, a diminución das diagnoses de cancro en Galicia ou a situación das residencias de maiores de Ribadumia ou Salvaterra do Miño.

Finalmente, algunhas destas iniciativas non foron debatidas, logo de que os representantes socialistas aceptasen as desculpas públicas que algún dos representantes do Sergas e de Política Social amosaron na comisión polo retraso nas respostas e tendo en conta que estas foran remitidas por escrito dende o goberno galego o pasado luns, logo de que os socialistas as incluíran na orde do día da Comisión.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32