Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero rexeita a decisión de Alcoa San Cibrao, unha empresa que recibiu “axudas multimillonarias”: “Ten que manter o emprego”

O secretario xeral urxe “máxima implicación” ao goberno de España e a Feijóo que “traballe nas solucións”, porque “non é un mero observador”

Santiago, 28 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou hoxe o seu rexeitamento á decisión de Alcoa de despedir a 534 traballadores da planta de San Cibrao.

“Non podemos asumir o anuncio de Alcoa sobre despidos e emprego”, subliñou Gonzalo Caballero unha vez que transcendeu a decisión da compañía de iniciar un proceso de despido colectivo, consciente de que se trata dunha empresa que “recibiu axudas multimillonarias durante anos”.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos urxiu “máxima implicación” aos goberno de España e Galicia para traballar no mantemento do emprego na bisbarra da Mariña. Sobre todo, como dixo, á vista de que Feijóo ata agora está actuando como “un mero espectador”, sen colaborar e sen exercer as súas competencias no eido industrial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41