Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama á Xunta o levantamento das peaxes das autoestradas galegas: “Non basta con dedicar calderilla a rebaixas e facer marketing sen incidencia real”

O líder do PSdeG chama a Feijóo a “tomarse en serio” a baixada do prezo por circular na contorna de Carballo e no Val Miñor

Santiago, 1 de agosto de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que “tome medidas reais” para rebaixar a peaxe das autoestradas galegas de xeito “substancial”, máis alá de “retoques puntuais” sen apenas incidencia nos usuarios e usuarias.

“Feijóo ten que tomarse en serio a baixada do prezo das autoestradas AG-55 e AG-57”, remarcou o líder do PSdeG, consciente da importancia da mobilidade para as familias e tamén para as empresas, en termos de competitividade. “Non basta con que a Xunta destine calderilla a rebaixas que son só marketing sen incidencia real”, subliñou.

Fronte a iso, Gonzalo Caballero requiriu a Feijóo que tome medidas “de calado” para reducir os custes da autoestrada de Carballo á Coruña e a do Val Miñor, así como que planifique a liberalización das súas peaxes nun momento no que conta cos maiores orzamentos da historia de Galicia.

Na semana na que entrou en vigor “a rebaixa histórica” das peaxes da AP-9, o máximo dirixente do PSdeG subliñou que “o goberno de España dedica 100 veces máis fondos que a Xunta” a abaratar a circulación dos galegos e das galegas.

Ademais, ante as queixas de Feijóo por unha rebaixa que chega a 15 millóns de usuarios e usuarias ao ano, Gonzalo Caballero recordou a Feijóo que o goberno galego “tamén pode contribuír” para afondar nesa redución de custos da AP-9.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41