Categorías: Eleccións 2019

Gonzalo Caballero pide votar ao PSdeG para “converter ás cidades galegas en bastións do progreso e da loita contra as tres dereitas”

O secretario xeral abre a campaña en Ourense, a única das cidades que goberna o PP, para “dar un paso máis na remontada que sacará a Feijóo da Xunta”.

Ourense, 10 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe en Ourense na tradicional pegada de carteis que marca o arranque da campaña en compañía do candidato á alcaldía, Rafael Rodríguez Villarino, e defendeu que “temos que converter ás cidades galegas en bastións do progreso e da loita contra a extrema dereita”.

Tras unha vitoria “histórica” nas pasadas eleccións xerais, nas que se acadou unha elevada participación, Gonzalo Caballero chamou a repetir esa “mobilización masiva” para impedir a entrada da ultradereita nos concellos nos que concorre e para evitar que unha dereita que “non é de fiar” chegue ás alcaldías.

Así o dixo o líder dos socialistas galegos, consciente de que agora o PP tenta “renegar” de Vox pese a que, onde lle dan as contas, como en Andalucía, ten selado un pacto coa ultradereita.

En canto ao PSdeG, Gonzalo Caballero sinalou que “estamos en condicións de avanzar en número de votos e de concelleiros nas sete cidades”, así como de mellorar os datos rexistrados nas eleccións municipais do ano 2015. Por contra, prognosticou, o PP “vai retroceder” en todas as cidades galegas e a ver baixar a súa porcentaxe de apoio.

“Somos a esquerda que sabe gobernar”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG, á vista de que “os socialistas representamos a mellor garantía de avance e progreso” en cada concello. Ademais, chamou a impedir “o retroceso” no proxecto europeo que implican as forzas de ultradereita, nun momento no que toca debater o marco financeiro que rexerá ata 2027.

OURENSE

No que atinxe a Ourense, Gonzalo Caballero estivo arroupando a Rafael Rodríguez Villarino para converterse no seguinte alcalde da cidade. Sobre todo, como subliñou, á vista da “xestión nefasta” levada a cabo polo único alcalde que tivo o PP neste mandato nunha das sete urbes galegas.

Foron catro anos, incidiu o líder do PSdeG, no que nin tan sequera saíron adiante uns sós orzamentos, de xeito que toca “abrir o futuro” en Ourense para recuperar o pulo que tivo no pasado como terceira cidade de Galicia.

En paralelo, Gonzalo Caballero chamou a derrotar nas urnas “ao caciquismo e ao clientelismo” que gobernan a Deputación de Ourense, co segundo do clan dos Baltar á fronte, para que “entre o aire fresco” na institución.

Ademais, o secretario xeral do PSdeG avanzou que a retirada deste alcalde, unida ao feito de que o PP “seguirá sen gobernar” no resto das cidades tralo 26 de maio, será “un paso máis na remontada que sacará a Feijóo da Xunta cando decida convocar as eleccións autonómicas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28