Categorías: Eleccións 2019Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero apela “á forza da ilusión e do compromiso” para frear o pacto do PP con Vox que sería “unha peste para España e para Galicia”

O secretario xeral advirte a Feijóo que “non consentiremos o retroceso nos servizos públicos” que está impulsando e avanza que a sanidade será “clave” no goberno progresista na Xunta

O ministro de Fomento sinala que “si queremos un gobierno de izquierdas, solo hay una posibilidad” o vindeiro 10 de novembro

Lugo, 19 de outubro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe en Lugo un mitin de precampaña xunto co ministro de Fomento e secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos; o presidente da Deputación, José Tomé, e a alcaldesa, Lara Méndez.

Ante máis de medio millar de persoas, o líder dos socialistas galegos apelou “á forza da ilusión e do compromiso” para encher as urnas o 10 de novembro. “Non caiamos no discurso da dereita de que estamos cansos de votar. Se todos os días imos mercar o pan ou o xornal, temos que ir votar para impulsar unha maioría socialista”, recalcou.

Sobre todo, como sinalou Gonzalo Caballero, porque “as dereitas e a ultradereita, se suman, buscarán mecanismos para acadar o goberno”, co “risco de involución” que iso supón. “Se teñen os votos, pactarán”, incidiu, para evocar o que xa fixeron en Madrid, Andalucía ou Murcia.

E, ao fío disto, o máximo dirixente do PSdeG advertiu de que “o PP non cambiou” dende o pasado mes de abril, por moito que agora tente aparecer situado na “centralidade política”. “O único cambio que houbo no PP foi que Pablo Casado deixou barba”, ironizou.

Polo demais, evidenciou Gonzalo Caballero, o PP “pactará coa ultradereita machista e xenófoba, que rexeita o aborto e a lei de morte digna” alí onde lle dean as contas para facelo. “E un goberno do PP con Vox sería unha peste política para España e para Galicia”, alertou.

“A LUGO VAILLE BEN CUN GOBERNO SOCIALISTA”

Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG destacou que os socialistas “construímos o mellor de España cun proxecto de país no que todos cabemos” e que se amosa tamén nesta cidade e nesta provincia.

“A Lugo vaille ben cun goberno socialista”, aseverou Gonzalo Caballero, e contrastou este feito co “retroceso nos servizos públicos” que está levando adiante Feijóo. “Non o consentiremos”, deixou claro, para situar a defensa da sanidade pública como unha cuestión “clave” no próximo goberno progresista da Xunta.

Por tanto, chamou a “traballar duro” para enfrontar “o reto” que temos por diante, de cara ao 10-N, “sen caer no desacougo”. “O impulso de todos é máis necesario que nunca”, concluíu o líder socialista.

“RESPOSTA CONSTITUCIONAL”

Pola súa banda, o ministro fixo alusión á situación que se vive en Cataluña para anunciar “una respuesta constitucional y proporcional” por parte dun goberno que está actuando “con serenidad”. Todo iso, tras poñer en valor “la entrega y el sacrificio” das forzas e corpos de seguridade do Estado.

En relación con isto, Ábalos pediu ao resto de forzas políticas que estean do lado do goberno “con lealtad”, ao igual que fixo o PSOE cando estaba na oposición.

En paralelo, coa vista posta no 10 de novembro, chamou a ter en conta a importancia dos servizos públicos e a garantía de que mozos e empresas “puedan trazar un proyecto de futuro”. Neste escenario, “si queremos un gobierno de izquierdas”, engadiu, “solo hay una posibilidad”.

“Es lo que nos jugamos el 10 de noviembre”, destacou o secretario de Organización do PSOE, crítico con que o PP preferise “bloquear” a investidura de Pedro Sánchez buscando un liderado da oposición que non tiña cos 66 deputados que acadou nas urnas o pasado mes de abril.

Finalmente, puxo en valor a inversión do goberno de Pedro Sánchez en Galicia e, especificamente, en Lugo, por valor de case 60 millóns de euros. “Muchísimo más que con el PP”, recalcou, ao tempo que anunciou que Lugo estará conectado coa alta velocidade ferroviaria en 2021.

“GOBERNO FORTE E ESTABLE”

A encargada de abrir o acto foi a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen puxo o foco na importancia de acudir a votar o vindeiro 10 de novembro para situar a Pedro Sánchez á fronte dun goberno progresista “forte e estable”.

Do mesmo xeito, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, chamou a ter unha ampla mobilización nas eleccións xerais porque “somos a garantía de progreso e da igualdade” fronte “ás tres dereitas, que xa sabemos como as gastan”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28