Categorías: Eleccións 2019

Gonzalo Caballero augura un novo “batacazo” do PP nas municipais porque Feijóo “esqueceuse” dos concellos

O Barco de Valdeorras, 10 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, elixiu O Barco de Valdeorras para iniciar a primeira xornada da campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais.

E o fixo en compañía dun “alcalde de referencia” como é Alfredo García, para denunciar que Feijóo “esqueceuse” dos concellos e da importancia da política municipal e do medio rural durante o seu mandato á fronte da Xunta.

“Queremos municipios de progreso fronte á incompetencia de Feijóo”, reclamou o líder dos socialistas galegos, para prognosticar que o PP levará un novo “batacazo” nas urnas o vindeiro día 26.

Antes de desprazarse ata A Rúa, Gonzalo Caballero recordou tamén que nesa data haberá eleccións europeas, polo que pediu o voto tamén para o PSOE nesa cita. “Para que o progreso siga adiante”, demandou.

Pola súa banda, o candidato á reelección no Barco, Alfredo García, destacou a “ilusión” coa que acode ás municipais, coa vista posta en facer “a segunda transformación” do seu concello. Ademais, puxo en valor o compromiso do goberno de Pedro Sánchez con esta vila, á vista do que suporá a estrada da circunvalación. “É a obra máis importante que se fixo na comarca”, apostilou sobre unha infraestrutura na que o Goberno investirá 63 millóns de euros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41