Categorías: Actualidade

Descarada utilización electoral do Plan de Infraestruturas Educativas da Xunta

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, denunciou hoxe a utilización do Plan de Infraestruturas Educativas da Xunta con criterios electorais. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Educación, hoxe en Comisión parlamentaria, para expoñer as actuacións previstas “con vidente sesgo político, para satisfacer as necesidades dos alcaldes ou alcaldesas diante da inminencia das eleccións municipais”.

Criticou que o goberno galego escollera a primeira xornada das eleccións municipais para presentar as actuacións ao tempo que agochan a súa planificación estratéxica, impedindo así “calquera posibilidade de control eficaz por parte dos grupos parlamentarios”. Álvarez esixiulle ao goberno galego que utilice a súa Plataforma de Transparencia como “sitio idóneo para que os grupos parlamentarios e a comunidade educativa coñeceran a súa planificación”.

O responsable socialista advertiu así que o goberno galego vén de incluír agora actuacións que antes foran incluídas pola oposición nas emendas aos orzamentos da Xunta e rexeitadas polo PP, como o caso do Centro Integrado de FP Carlos Oroza de Pontevedra ou o CEIP Igrexa do Carme de Burela.

Ademais, sinalou a urxencia destas actuacións en centros educativos que datan dos anos 70, outros que son edificios históricos ou actuacións necesarias para adaptar as infraestruturas ás novas ensinanzas, nomeadamente nos ciclos formativos de FP.

Prevención do abandono escolar

O responsable socialista alertou hoxe de que o goberno galego está a modificar cada ano o orzamento previsto para o programa de Prevención do Abandono Escolar para reducirlle máis partidas que son derivadas a outras actuacións. Así, a pesares de ter incrementado o orzamento en torno a 2 millóns de euros dende 2016, tamén incrementaron as modificacións de crédito quitándolle 3, 6 e 9 millóns nos tres últimos anos.

Álvarez explicou que no ano 2016 orzamentaron 17 millóns e retiráronlle 3, co que só executaron o 83 por cento, mentres en 2017 orzamentaron 19,8 millóns pero lle restaron 6 millóns de euros, deixando a execución final nun 65,2 por cento. No ano 2018, cando o orzamento previsto era de 23 millóns de euros, retiraron 9 millóns, deixando o nivel de execución real en apenas un 63,7 por cento.

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de incrementar a dotación inicial desta partida para utilizala dende o plano político para “vender” a súa preocupación polo abandono escolar para a continuación retirarlle cada ano máis cartos. De seguir coa progresión dos últimos anos, explicou, dos 25,4 millóns que orzamentaron en 2019, ao longo do exercicio reducirán en 12 millóns de euros, polo que preguntou “por que continúan incrementando esta partida”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18