Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide un “gran acordo” para desenvolver un plan industrial “prioritario” para Ferrol

O líder dos socialistas galegos urxe unha “discriminación positiva” con Ferrolterra para paliar a falla de actividade industrial e de emprego

O alcalde de Ferrol insta a todas as administracións a “que dean un paso ao fronte” ante a situación “crítica”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, vén de urxir ás administracións públicas un “gran acordo” para desenvolver un plan industrial “prioritario” para “sacar a Ferrol adiante con máis forza”. Fíxoo esta tarde en Ferrol, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Ángel Mato.

“É necesario facer un gran acordo entre as administracións públicas, tecido produtivo, empresarial e sindical en Ferrolterra para conseguir reactivar a actividade económica e industrial, e así darlle emprego e futuro a Ferrol”, destacou o máximo dirixente dos socialistas galegos.

Nesta liña, Caballero pediu unha “discriminación positiva” coa cidade para paliar a falla de actividade industrial e emprego. Así, instou ao goberno galego a empregar “unha parte importante” das posibilidades económicas da Xunta na bisbarra e lembrou que, este ano, Galicia disporá de “máis de 1.100 millóns de euros a maiores” procedentes do Estado e dos fondos europeos.

O tamén voceiro dos socialistas galegos no Parlamento anunciou que o PSdeG levará á Cámara galega “un plan Ferrolterra” no que se concretarán medidas “que se poden levar a cabo” para acadar o “desenvolvemento desta bisbarra”.

Malia todo, Caballero lembrou que as competencias de industria “están na Xunta”, á que instou a “non desaproveitar a oportunidade de captar fondos europeos” a través de “proxectos de modernización”.

Nesta liña, urxiu a levar a cabo “todas as medidas” que permitan apostar polo estaleiro de Navantia en Ferrol e “impulsar toda a carga de traballo que sexa viable”. Así, sinalou como “fundamental” apostar pola modernización e “avanzar cara un estaleiro competitivo, 4.0” con “novas tecnoloxías e novas instalacións”.

“Non imos facer demagoxia baladí nin barata”, sinalou. “A algúns lles sirve falar un día de nacionalización, outro de intervención pública, e lles é o mesmo falar de 100, de 1.000 ou de 2.000 millóns porque non botan as contas. Pero nós queremos facelo con tanto rigor como firmeza en defensa da bisbarra”, sentenciou.

En canto ao anuncio de peche “definitivo” da central de Endesa nas Pontes, Caballero criticou a “decisión unilateral” que “non foi consensuada na Mesa das Pontes nin comunicada ás administracións públicas e traballadores”. Así, instou a desenvolver unha produción enerxética con “fontes alternativas” que permita “manter o emprego” na bisbarra. “Só unha transición enerxética xusta pode ser viable e aceptable”, sinalou.

“Hai que ser extremadamente esixentes con estas empresas que, despois de facer negocio nesta zona, queren abandonar a responsabilidade social empresarial esixible”, lamentou o responsable socialista tamén en referencia a situación que está a ocorrer coa fábrica de Siemens-Gamesa. “Aqueles que fixeron negocio nesta bisbarra, teñen que manter o compromiso co emprego e co territorio”, recalcou.

ÁNGEL MATO

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, pediu a todas as administracións “que dean un paso á fronte” ante unha situación “crítica”. Así, subliñou que “máis axiña que tarde, é imprescindible que a Xunta e o goberno central poñan en marcha un plan de reactivación da industria” para “impulsar esta comarca”.

“Hai moito traballo posible por facer”, destacou o rexedor socialista, quen recalcou a importancia de “apoiar un traballo conxunto público-privado con respecto a algunhas das empresas que agora mesmo están sufrindo unha crise industrial”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05