Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide o voto a “todos os galegos que non queren ver a Vox dirixindo o rumbo de España desde o goberno”

A tres días da xornada electoral, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou xunto coa presidenta do PSOE, Cristina Narbona, nunha xuntanza coas candidaturas dos socialistas galegos ao Congreso e ao Senado.

Nese foro, Gonzalo Caballero fixo “un chamamento a todas as galegas e os galegos que non queren ver a Vox dirixindo o rumbo de España dende o goberno” para que acudan a votar o domingo e para pedirlles o voto para o Partido Socialista, “a única forza política que implica a garantía que evita estes retrocesos”.

Ademais, o líder do PSdeG apelou a aqueles que “non queren vivir nun país no que os riscos e os retrocesos da ultradereita marquen a axenda do PP e Ciudadanos”. “A todos os progresistas querémoslle pedir o voto para o PSOE o domingo”, engadiu.

O secretario xeral do PSdeG sostivo que “a Galicia vaille mellor cando hai un goberno socialista en España”. E, por iso, advertiu que “o vindeiro domingo xogámonos moito”. “Xogámonos o retroceso que supón un goberno tripartito da dereita coa ultradereita, fronte ao avance que supón o Partido Socialista e o goberno presidido por Pedro Sánchez”, remarcou.

Así, chamou a “unha participación masiva de todos os que senten a esquerda e o progresismo”. “A todos os que queren defender a Galicia desde posicións de esquerdas e progresistas, con independencia do que teñan votado en anteriores convocatorias, pedímoslles o voto”, apostilou Gonzalo Caballero.

Apelou tamén “a todos os votantes moderados que nalgún momento votaron ao Partido Popular ou a Ciudadanos crendo que ese voto é un voto moderado ou de centro, porque o PP e Cs entréganse a un pacto coa ultradereita, abandonan a moderación e o centro político”. “Votar a VOX é o mesmo que votar ao PP ou a Cs, porque as tres forzas da dereita supoñen un mesmo modelo de goberno para o futuro de España”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG.

Dito isto, o líder dos socialistas galegos sinalou que Feijóo está “noqueado e asustado porque as enquisas non lle dan”. Non obstante, e a pesar de que “os socialistas gañamos nas enquisas e Pedro gañou nos debates”, insistiu en que “necesitamos que todos os que non queiran ver á ultradereita dirixindo á Moncloa acudan a votar” para “gañar as eleccións”.

“VOX ESTASE DEIXANDO SENTIR”

Pola súa banda, a presidenta do PSOE, Cristina Narbona, quixo “transmitir con absoluta contundencia que Vox xa se deixa sentir aínda que non estea no Goberno de Andalucía formalmente, polas medidas que ese goberno comezou a tomar”.

Explicou a socialista que unha das medidas aprobadas foi eliminar o imposto de sucesións que só existía xa para patrimonios de máis de un millón de euros. E “a perda de ingresos fiscais vaise converter nunha suba das escolas infantís en Andalucía”, advertiu.

Narbona fixo tamén referencia aos cambios no sistema de organización das listas de esperara na sanidade pública, “para que pareza que se reducen cando en realidade non están aportando ningunha mellora nin de recursos humanos nin orzamentarios”.

Como fixera Gonzalo Caballero, Narbona tamén chamou á “mobilización de todos os demócratas para evitar a eventualidade de que se produza no noso país unha involución a causa do peso dun partido de ultradereita, que xa está condicionando a axenda política en Andalucía”.

Unha perspectiva que, ao seu xuízo, debe ser moi valorada máis pola xente moza, porque “nunca viviron unha ditadura, pero que agora teñen a posibilidade de votar e elixir e deben ser conscientes que ningún proceso e irreversible”. Referíase a presidenta do PSOE aos avances en igualdade entre homes e mulleres e á pluralidade política. “Vox xa fala de pechar medios de comunicación que non lle gustan”, advertiu a dirixente socialista.

EPA

Finalmente, en relación aos datos da EPA do primeiro trimestre, dados a coñecer hoxe, Gonzalo Caballero valorou que “son datos positivos”, posto que as comparacións hai que facelas en termos interanuais, comparando os datos deste trimestre co primeiro trimestre do ano 2018.

Así, explicou, os datos amosan que en España temos a capacidade de reducir o paro e aumentar o emprego, ata 600.000 persoas no balance positivo de emprego e ata 400.000 no balance de redución do paro. Polo tanto, “os socialistas estamos demostrando que sabemos gobernar creando emprego, e de máis calidade, con crecemento económico e con clave social”, dixo o secretario xeral do PSdeG.

“Sempre hai que mellorar, pero fronte aos agoreiros da dereita a realidade amosa un goberno competente”, reivindicou o líder do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57