Categorías: Actualidade

Veto da CRTVG á plataforma #DefendeaGalega que defende o pluralismo nos medios públicos

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG no Parlamento de Galicia, Noela Blanco, levou á sesión de hoxe unha pregunta oral para denunciar o veto da CRTVG á concesión do premio de xornalismo José Couso de Liberdade de Prensa á plataforma #DefendeAGalega. A responsable socialista denunciou a “situación de alarma” xerada pola dirección do ente pola parcialidade informativa e nula obxectividade a favor do PP.

A responsable socialista sinalou o traballo desta plataforma na defensa duns medios de comunicación “libres de manipulación, obxectivos e plurais”, que se ten enfrontado a unha continua “represión” dende a dirección do ente. O último exemplo, dixo, foi a supresión do informativo da concesión do dito premio, outorgado polo Colexio Profesional de Xornalista de Galicia e o Clube de Prensa de Ferrol.

Blanco acusou ao presidente da CRTVG de ter “agochado a nova, ordenando que se tire ao lixo a concesión do Premio José Couso, cando o ente sempre informou da concesión deste premio”. Esta situación exemplifica, dixo, “a parcialidade nas informacións, a nula obxectividade, a presenza dos conselleiros de Feijóo facendo publicidade e propaganda mentres o goberno de España só falta que lle poñan cornos e rabo para que pareza a reencarnación do demo”.

Represión

A responsable socialista denunciou a “represión” da dirección do ente contra os traballadores e traballadoras, que chegou a sancionar a un traballador con 9 días de suspensións e a ameazar con sancións contra aqueles que vistan de negro nos chamados “venres negros” cos que canalizan as súas denuncias ou amosen as camisetas co lema #DefendeAGalega. A dirección, sinala, chegou a anularlle unha entrevista á cantante galega Sés por levar esta mesma camiseta.

Blanco esixiulle ao presidente da CRTVG “deixe de intentar conter, castigar e perseguir aos que denuncian a inxerencia política de Feijóo nos medios de comunicación públicos galegos”. Advertiu que “o medo cambiou de bando” e que “os únicos que teñen medo son vostedes, cada vez que os chaman do gabinete de Feijóo para darlle ordes”.

A responsable socialista reclamoulle á dirección da canle que “deixen de responder ante Feijóo coma se fora o único accionista da CRTVG, e fágano ante os que son os seus donos e donas, que son os galegos e as galegas”.

Valedora do Pobo

A parlamentaria socialista acusou á dirección do ente de “agochar” a condena da Valedora do Pobo por “desviación de poder” e “arbitrariedade” logo de que o Tribunal Supremo ratificara a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por preparar un cargo á medida da sobriña de Fraga e irmá do voceiro do PP”. Advertiu que a CRTVG “non cubriu a noticia coa importancia que merece” para evitar prexudicar ao partido de Feijóo.

Advertiu que a cobertura da sentenza contra a Valedora foi apartada nos informativos co único obxectivo de “manipular a información co obxectivo de tapar as vergoñas do PP con publicidade e propaganda engañosa da Xunta”.

Sinalou que “a CRTVG foi o único medio que non destacou este tema, poñendo en titulares ao heroe Feijóo combatendo ao vilán Sánchez antes que á oposición pedindo á dimisión da Valedora”. Blanco advertiu que “o tema foi baixando na escaleta dos titulares día a día” e, sinalou, que “só se cubriu á valedora xustificándose, ignorando a postura dos voceiros da oposición parlamentaria.”

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08