Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide á Xunta “recoñecer o traballo do persoal sanitario” cambiando “os contratos precarios por estabilidade” no Sergas

Amosa “lealdade” coas medidas dos gobernos para “sumar” e resalta que o executivo central destinou 20 millóns de euros a Galicia para políticas sociais e alimentación dos nenos na crise do coronavirus

Santiago, 21 de marzo de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe para poñer en valor a importancia das medidas que están tomando o Goberno de España e a Xunta de Galicia na loita contra o coronavirus e sinalou que “as prioridades” agora mesmo teñen que ser a defensa da saúde e o combate das repercusións económicas que deixará esta crise.

“Todos os representantes públicos están dando o mellor de si mesmos para paliar os efectos desta crise imprevista”, resaltou, antes de “recoñecer as medidas positivas” tomadas pola Xunta seguindo as propostas do PSdeG e a senda iniciada polo goberno de España cun histórico paquete de accións que mobiliza 200.000 millóns de euros.

“Un investimento sen precedentes do goberno de España”, recalcou o líder socialista, quen salientou ás medidas anunciadas no eido laboral, social, sanitario e de investigación médica e que implican fondos para que as comunidades autónomas podan paliar as consecuencias do COVID-19. En concreto, o goberno de España dedica a Galicia 17 millóns de euros en virtude do fondo social extraordinario e outros 1,9  millóns chegan para garantir a alimentación dos nenos galegos en situación de vulnerabilidade.

Así as cousas, Gonzalo Caballero chamou a “manter un esforzo parello” dende a Xunta de Galicia porque “o reto é de máximo calado e de máxima dificultade” e “hai que seguir traballando” e facendo fronte “aos efectos negativos” sobre a saúde e a economía do COVID-19.

CONTRATOS ESTABLES NO SERGAS

Por iso, xunto coas propostas de aumentar as camas de UCI ou medicalizar os hoteis, de mellorar os fondos do Risga e de potenciar o Igape, que o máximo dirixente do PSdeG fixo públicas nos últimos días, puxo o foco na importancia de mellorar as condicións laborais do persoal sanitario en Galicia.

“A sanidade pública é fundamental para o país, e temos que recoñecer o traballo do persoal sanitario cun cambio na política de contratación. Temos que cambiar os contratos precarios por estabilidade no Sergas”, defendeu Gonzalo Caballero, quen  fixo fincapé en que “o esforzo” dos traballadores do sistema de sanidade “ten que ter unha recompensa”.

Por iso, o xefe de filas do PSdeG incidiu en que “todo o persoal que estea en disposición de traballar teña un contrato estable no Sergas dende este momento” despois de “dez anos de recortes na sanidade pública galega” que nos deixan “con máis dificultades para facer fronte ao coronavirus”.

CENTROS DE MAIORES E DIFICULTADES ECONÓMICAS

En paralelo, Gonzalo Caballero destacou que “todos estamos moi preocupados” polo que está acontecendo nas residencias de maiores, posto que se trata de poboación de risco e de que xa se rexistraron focos de contaxio en varios centros destas características na comunidade galega.

Tamén no aspecto laboral se centrou o secretario xeral do PSdeG, consciente de que por diante queda “un escenario moi complexo” tras máis de 4.000 ERTEs e á vista das dificultades que sofren tamén os traballadores autónomos. “Hai que orientar a saída desta crise e non abandonar á cidadanía”, recalcou.

“É MOMENTO DE SUMAR”

Neste escenario, Gonzalo Caballero chamou á unidade e garantiu “lealdade” con todos os gobernos, porque “é momento de sumar”. Así llo pediu tamén ao presidente da Xunta, a quen advertiu de que “erra” ao facer “seguidismo doutros baróns do PP” que están buscando “tensión” co goberno de España nestes intres.

“Nós imos cooperar co goberno central e co goberno galego”, subliñou, non sen deixar patente o seu rexeitamento ao feito de que Feijóo aproveitase o primeiro Consello da Xunta tralo aprazamento das eleccións autonómicas para “colocar a 12 candidatos do PP” en postos de responsabilidade na administración.

“Nun momento de problemas para moitos traballadores, con máis de 4.000 ERTEs en empresas de Galicia e con moitos autónomos en dificultades, a decisión de Feijóo de colocar na Xunta aos candidatos do PP é unha decisión errada que non podemos compartir”, engadiu Gonzalo Caballero, quen chamou a dedicar “todos os esforzos” á loita contra o coronavirus e á mellora da sanidade pública.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08