Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide a Feijóo “responsabilidade”: “As medidas contra a covid terán o noso apoio, pero ten que deixar de pegarse a Ayuso e de ser o máis reacio da clase a cooperar co Goberno”

O secretario xeral ve “inconsistente” que Feijóo rexeitase blindar Galicia o xoves para confrontar co goberno e acabase pechando de urxencia as sete cidades o venres cunha marxe de dúas horas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a Feijóo a actuar con “responsabilidade” á hora de tomar medidas fronte á covid e a aparcar a “estratexia de confrontación co goberno” que xa só seguen el e máis a presidenta da Comunidade de Madrid.

“Feijóo ten que deixar de pegarse a Ayuso e de ser o máis reacio da clase a cooperar co goberno”, subliñou Gonzalo Caballero, para quen é “inconsistente” que Feijóo rexeitase blindar Galicia o xoves e acabase pechando de urxencia as sete cidades o venres cunha marxe de dúas horas por boca ademais do conselleiro de Sanidade.

O portavoz do Grupo Socialista confirmou o “respaldo” e a “man tendida” do PSdeG a todas as medidas necesarias para frear os contaxios, pero deixou claro que Feijóo ten que responder a esa “responsabilidade crítica” ofrecendo información cumprida da toma de decisións para xestionar a pandemia. Dixo así que, logo de ser “omnipresente” na primeira onda, “agora que ten nas súas mans todas as competencias debe comparecer regularmente”.

Ao fío disto, sinalou que o presidente da Xunta debe acudir periodicamente ao Parlamento para “explicar o que está a acontecer” na xestión da pandemia e confirmou que “os socialistas nos faremos solidarios e corresponsables dunha situación moi complicada”.

APOIO AO TECIDO PRODUTIVO

Ademais, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a que tome decisións para apoiar á hostalería e ao pequeno comercio ante as dificultades derivadas das restricións.

“É hora de que a Xunta apoie ao tecido produtivo de Galicia con fondos propios, máis alá de parches de última hora”, recalcou o dirixente socialista.

Advertiu do impacto que tivo sinaladamente sobre os hostaleiros galegos que o presidente da Xunta decidira o confinamento o venres con apenas dúas horas de marxe, posto que botou por terra todas as reservas e previsións para a fin de semana. Nesa liña, preguntou a Feijóo se a partires de agora vai tomar as decisións deste xeito, anunciándoas os venres á mañá para que se adopten a mediodía.

“TRANSPARENCIA”

En paralelo, o líder dos socialistas galegos esixiulle á Xunta que “pase páxina da estratexia de opacidade e ocultación de información para dar transparencia e contarnos a realidade da sanidade pública”. Así o dixo logo de coñecer a intención manifesta do conselleiro de Sanidade de agochar o número real de rastrexadores de Galicia, segundo sinalou en resposta a unha entrevista nun medio de comunicación.

Sinalou que baixo o subterfuxio de non compararse con outras comunidades autónomas atópase unha “política de opacidade para non amosar as mentiras de Feijóo”, que presumía de milleiros de rastrexadores que despois demostrouse que eran “unhas poucas decenas”.

Así mesmo, á vista de que o responsable de sanidade do goberno galego recoñecía que os expertos do comité clínico da Xunta tiñan recomendado medidas preventivas con anterioridade e que o goberno galego decidira non aplicalas, Gonzalo Caballero incidiu en que “é hora de que a Xunta explique as decisións políticas que está a tomar cando van por libre do comité clínico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57