Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama explicacións no Parlamento sobre os contaxios masivos nas residencias de Cervo e Ribadavia: “A Xunta ten que tomar medidas”

Marina Ortega exise que se achegue información sobre “protocolos adoptados” e “parámetros obxectivos” para a toma decisións na Residencia de Maiores de Cervo

Reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamarlle á Xunta, a través dunha batería de iniciativas parlamentarias, que responda na Cámara da súa xestión nas residencias de Ribadavia e Cervo, as últimas nas que se rexistraron contaxios masivos nas últimas xornadas, á vista de que os protocolos de protección dos maiores “están fallando”.

En concreto, Ortega esixe que se achegue información sobre os “protocolos adoptados” e os “parámetros obxectivos” seguidos para a toma decisións na residencia de maiores de Cervo, na cal nas últimas horas “houbo casos masivos”.

Ademais, a deputada socialista reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros de atención residencial como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

Neste senso, urxe á Consellería a “tomar medidas” para “garantir o aumento na ratio de persoal dos centros de xeito inmediato”, así como “axilizar un protocolo que permita illar do propio centro coa maior brevidade posible aos positivos detectados”.

A responsable socialista alerta de que, durante a primeira onda, “o maior agravio provocado polo virus deuse nas residencias de maiores e, como vítimas directas, as persoas maiores residentes nas mesmas”. Ademais, lamenta que “a porcentaxe de contaxios maior foi naqueles centros de atención residencias de carácter privado e cun maior número de ocupación”.

Por todo isto, Ortega considera “imprescindible abordar a cuestión de xeito transversal e coordinado”, xa que “estamos en novembro, e son numerosos xa os centros de atención residencial afectados pola covid sen control”. Así, lamenta que “se está a chegar a casos abruptos que invaden a práctica totalidade das residencias afectadas, sen cambios significativos nos protocolos de actuación respecto á primeira onda da pandemia”.

Por último, Ortega apunta que, malia que o Grupo Socialista presentou unha batería de iniciativas para poder obter datos do que está a acontecer nas residencias de maiores durante esta segunda onda, porque “non existe información clara ao respecto” por parte da Consellería de Política Social.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41