Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide a Feijóo que convoque á oposición e á CECOP para abordar os rebrotes, como facía antes de ter as competencias: “É o momento dos grandes acordos”

O voceiro parlamentario garante a “lealdade” do PSdeG na loita contra o virus e chama á Xunta a “exercer as súas competencias en primeira persoa” e a dotar de medios aos concellos cando os necesite


Santiago, 14 de agosto de 2020.
O voceiro parlamentario do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe a Feijóo que se reúna cos partidos con representación na Cámara para facer un balance da situación da pandemia en Galicia e que convoque ao CECOP, o centro de coordinación operativa do que fan parte tanto a Xunta como a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

“Feijóo comparecía todas as semanas cando non tiña as competencias, e agora que as ten nin comparece nin reúne á CECOP nin dá información”, sinalou Gonzalo Caballero, quen amosou a súa “preocupación” polos rebrotes en Galicia e en España e chamou a “traballar entre todos” para “atallar os efectos desta crise”. “É o momento dos grandes acordos”, remarcou, e garantiu a “man tendida” e a “lealdade” do PSdeG na loita contra o virus.

Consciente de que por diante vén unha lexislatura que estará marcada pola pandemia, o líder dos socialistas galegos chamou ao goberno galego a “exercer as súas competencias en primeira persoa” e a “colaborar” cos concellos, dotándoos de “medios e recursos suficientes”.

E é que, como dixo Gonzalo Caballero, as administracións locais “necesitan atención da Xunta” para tomar as medidas que lles encomenda a pesares de non ter o persoal ou a capacidade para facelo. Sobre todo, afondou, no caso dos concellos pequenos, que se ven “incapaces” en moitos casos de asumir as encomendas do goberno galego e de afrontar os gastos que delas se derivan, como ocorre no caso da limpeza das escolas.

“Todos os responsables institucionais temos que redobrar os esforzos”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, á vista da “alerta” en termos sanitarios, sociais e económicos que supón o coronavirus. “Todas as enerxías teñen que estar postas en dar unha resposta colectiva a esta crise”, recalcou, para subliñar a necesidade de traballar por unha saída desta crise “na que ninguén quede atrás”, defendendo os servizos públicos para loitar contra a desigualdade.

FONDOS PARA OS CONCELLOS

Ao fío das necesidades dos concellos para facer fronte á pandemia, Gonzalo Caballero respondeu a preguntas dos xornalistas sobre o acordo da Federación Española de Municipios e Provincias co Goberno de España para o uso do superávit.

Ao respecto, o secretario xeral do PSdeG sinalou que o acordo é “un paso adiante” e asegurou que “benvida sexa” calquera mellora que se poida acadar nese texto, que ten carácter voluntario para os concellos que queiran adherirse e que lles supón unha contía maior para inversións.

Por iso, rexeitou “o descaro do PP”, que agora tenta “confundir” suxerindo unha reforma da Lei Montoro, que é a que impediu aos concellos utilizar os seus remanentes. “Este goberno é un aliado dos concellos”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41