Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a “dicir hoxe mesmo que garante o pago das nóminas dos empregados públicos” ou asumir que “non é o presidente que Galicia necesita”

O secretario xeral amosa “alarma” polo “abrazo” a Santiago Abascal de cargos do PP de Galicia e pregunta a Feijóo se tamén “está disposto a abrazalo cando lle fagan falta os seus votos”

Santiago, 29 de agosto de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou este xoves as “gravísimas declaracións” realizadas polo conselleiro de Facenda nas que chegou a poñer en cuestión o abono das nóminas dos empregados públicos e instou a Feijóo a corrixilo inmediatamente.

“Se con todas as posibilidades financeiras e todos os mecanismos da Xunta, e cun orzamento de case 10.000 millóns de euros, non son quen de eliminar calquera dúbida ao respecto, Feijóo ten que poñer ao conselleiro de Facenda fóra das súas responsabilidades. E se Feijóo non pode dicir hoxe mesmo que o pago das nóminas e aos provedores está garantido, ten que asumir que non é o presidente que Galicia necesita”, remachou Gonzalo Caballero.

Deste xeito, o líder do PSdeG reprobou o “alarmismo político” ao que está tentando xogar a Xunta, que leva todo o mes de agosto falando dun “agravio a Galicia” en relación coas entregas a conta para “confrontar co goberno socialista”. Un goberno, engadiu, “nitidamente comprometido co financiamento do Estado das autonomías” que incluía no seu proxecto de orzamentos un incremento de máis de 7.000 millóns de euros para as comunidades: 4.700 millóns de euros para as entregas a conta e 2.500 millóns de euros máis correspondentes ao IVE.

Sen embargo, como recordou Gonzalo Caballero nunha comparecencia ante os medios de comunicación, “o PP de Casado e de Feijóo” votou en contra destas contas, bloqueando a posibilidade de transferir eses fondos, como acredita a propia Avogacía do Estado. “En política hai que ter responsabilidade e, cando un vota, ten que ser responsable das súas decisións”, advertiu, crítico con que “o PP prende lume, convértese en incendiario, e agora quere aparecer como bombeiro”.

É mais, o máximo dirixente dos socialistas galegos sinalou que “onte quedou en evidencia que Feijóo está xogando coa Xunta en función dos intereses do PP”, cunha estratexia conxunta de aparicións públicas en Galicia e no resto das comunidades nas que o PP goberna grazas a Vox.

“A DEREITA, UN OBSTÁCULO”

“Non asumen o resultado das urnas”, observou Gonzalo Caballero, quen considerou probado que a dereita “estase convertendo nun obstáculo para a gobernabilidade de España e para o financiamento das comunidades autónomas” coa súa estratexia de bloqueo ao goberno socialista.

“Porque se houbese orzamentos ou un goberno en plenitude de funcións, hoxe todas as comunidades terían os fondos”, razoou o secretario xeral do PSdeG, seguindo a argumentación utilizada pola Avogacía do Estado e que xa Montoro utilizara para explicar por que o goberno de Rajoy non podía actualizar as entregas a conta.

Daquela, recordou Gonzalo Caballero, “Feijóo aplaudía”. Por iso, “o mellor é que en setembro haxa un goberno socialista en plenitude de funcións”, porque é o único que garante “o compromiso co financiamento do Estado das autonomías” que a ultradereita coa que pacta o PP quere “asfixiar”.

De feito, como avanzou, a “primeira decisión” que tomará o goberno encabezado por Pedro Sánchez cando teña plenitude de funcións será transferir os fondos das autonomías; e, de non saír adiante a investidura, buscará “os mecanismos legais” que posibiliten realizar as entregas a conta que corresponden ás distintas comunidades.

FOTOS CON VOX

Ao fío dos acordos do PP con Vox, o líder dos socialistas galegos amosou a súa “alarma” polo feito de que haxa dirixentes do PPdeG que “saen moi felices e moi ufanos dándose apertas con Abascal”, quen estes días estivo en Galicia.

“Preocúpanos, e queremos preguntarlle a Feijóo se ese abrazo é tamén o abrazo que o PP de Galicia está disposto a darlle a Vox cando lle fagan falta os seus votos”, inquiriu Gonzalo Caballero, á vista do ‘selfie’ do líder da ultradereita co candidato popular á alcaldía do concello da Guarda.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41