Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a convocar aos grupos parlamentarios nunha “fronte común” para conseguir a venda de Alcoa e o mantemento do emprego na Mariña

O líder socialista esixe unha acción coordinada entre o Goberno e a Xunta para presionar á multinacional en materia laboral e ambiental e coa devolución das axudas públicas “millonarias” que ten recibido

“A disposición da SEPI a mercar a planta de Alcoa para posibilitar a inversión amosa o compromiso do goberno, e hai que seguir explorando todas as vías legais de intervención”, defende

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este luns a Feijóo a convocar a todos os partidos nunha mesa de traballo para conformar “unha fronte común en clave galega” que permita “truncar o intento de fuxida do país” protagonizada por Alcoa e acadar a venda da planta de San Cibrao ao inversor atopado polo goberno de España.

Nun momento no que hai evidencias de “mala fe” e indicios de “fraude” por parte de Alcoa nas negociacións con Liberty House para a venda da factoría mariñá, como constataron a Xunta e o Goberno de España, o líder socialista fixo fincapé na necesidade de pechar “unha folla de ruta conxunta”. “Tendemos a man a Feijóo para traballar polo futuro do emprego da planta de San Cibrao”, remarcou.

No mesmo senso, Gonzalo Caballero incidiu na necesidade de que a Xunta e o Goberno sigan traballando conxuntamente para poñer “contra as cordas” á multinacional americana, que recibiu “centos de millóns de fondos públicos”, ata que asuma a venda. Ao fío disto, Gonzalo Caballero explicou que as administracións poden actuar pola vía laboral, a medioambiental e no que atinxe á obriga da empresa de devolver as axudas públicas que recibiu, polo que reclamou que o Estado contemple todas as vías legais de presión e intervención para levar a cabo a venda a Liberty.

Na primeira destas vías de acción, o líder do PSdeG advertiu de que, na tramitación do expediente de regulación de emprego, o goberno galego ten que aplicar “todas as esixencias normativas”, porque “a mala fe” de Alcoa nas negociacións é un aspecto que “ten consecuencias xurídicas” no marco legal mercantil, toda vez que pode supoñer un intento de impedir a competencia nos mercados.

No que atinxe á cuestión medioambiental, o voceiro socialista evidenciou o “custe millonario” relacionado con “facer cumprir escrupulosamente” a Alcoa as obrigas relativas ao tratamento da balsa de lodo se decide pechar a factoría. Así mesmo, engadiu, o goberno ten que “poñer o foco en todos os incumprimentos e malas prácticas da empresa” e reclamar a devolución de millóns de euros de fondos públicos entregados como axudas nos últimos anos.

FUTURO DA PLANTA

Así pois, tras censurar a decisión de Alcoa de “romper ás negociacións e evitar a entrada dun inversor cun proxecto viable” como é Liberty House, Gonzalo Caballero recalcou que as administracións deben seguir traballando para atopar unha solución para unha factoría que é estratéxica para España por ser “a única de producción de aluminio primario do país”.

De aí, dixo, o elevado grao de “involucración” amosado polo goberno ao tentar comprar a planta da Mariña a través da SEPI para logo vendela a Liberty House, a fin de manter a actividade industrial e o emprego na bisbarra. Nese senso, destacou que o goberno “está traballando coa máxima implicación e en todos os escenarios legalmente posibles”.

“A disposición da SEPI a mercar a planta de Alcoa para posibilitar a inversión amosa o compromiso do goberno, e hai que seguir explorando todas as vías legais de intervención”, defende

O dirixente socialista considerou que toca agora que Xunta e Estado “exploren todas as vías de intervención legalmente posibles”, e insitiu na necesidade de que Feijóo “convoque aos líderes da oposición no parlamento galego para traballar nunha folla de ruta conxunta”. “O PSdeG ofrece man tendida ao presidente da Xunta para posibilitar que o inversor que ten proxecto poida facerse coa factoría de San Cibrao”, concluíu o líder socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24