Categorías: Actualidade

O PSdeG esixe o cumprimento da lei e o fin da manipulación da CRTVG por parte do PP

A parlamentaria socialista, Noa Díaz, trasladou este martes ao director xeral da CRTVG a esixencia do PSdeG de dar cumprimento á Lei de medios públicos de Galicia “dunha vez por todas” e a que poña “fin a manipulación informativa” por parte do PP.  Segundo advertiu Díaz, “é máis necesario ca nunca que a TVG cumpra coa misión de servizo público para a que foi creada”.

A deputada do PSdeG, defendeu na Comisión de control da CRTVG a necesidade de “poñer fin ao uso partidista que a Xunta do PP” fai da radio e televisión pública, e que na actualidade derivou “nun preocupante descrédito e deterioro informativo”. A socialista lembroulle a Sánchez Izquierdo que as denuncias sobre a ausencia de pluralidade “veñen de moitos colectivos como Defende a Galega, o Comité intercentros da CRTVG ou o Colexio de Xornalistas”.

Noa Díaz explicou que aínda que “o problema non é novo”, foi neste contexto de pandemia e precampaña e campaña electoral cando “a manipulación informativa e o control político” se intensificaron ata niveis “escandalosos”. Para a deputada socialista “o acaparamento dos telexornais por parte de Feijóo ao tempo que se silenciaban as declaracións dos partidos da oposición non ten xustificación democrática”.

Neste sentido, a parlamentaria preguntou ao director xeral da CRTVG que valoración fai das denuncias arredor desta situación, e sinaloulle exemplos concretos. Entre outros, o acontecido nunha xornada de campaña electoral “nun día en que Feijóo visitou Verín e foi recibido cunha gran cazolada dos veciños”, unha protesta recollida en tódolos medios mesmo nacionais e “silenciada” na TVG.

En cambio, Díaz criticou que “collendo ese mesmo día e o mesmo espazo electoral no mesmo informativo” a nova destacada da TVG foi que ás portas do mítin do candidato socialista, Gonzalo Caballero, había unha concentración de traballadores de Alú Ibérica. A mostra para a deputada socialista “da ausencia de criterios informativos e obxectivos” na edición dos telexornais.

Ao fío disto, a deputada do PSdeG lembrou nesta comisión de control que as traballadoras e traballadores da CRTVG “levan xa 123 venres negros vestindo de loito e reclamando que se respecten os principios de pluralidade, imparcialidade, neutralidade e veracidade informativa”.

Finalmente, Díaz tamén recordou que o Comité intercentros da CRTVG, a representación legal no ente dos traballadores e traballadoras, vén denunciando que desde o inicio da crise as estratexias de manipulación informativa baseánse fundamentalmente en “criticar e desprestixiar a xestión da pandemia por parte do Goberno estatal PSOE-Unidas Podemos para louvar e enaltecer as actuacións da Xunta de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28