Categorías: IdeaGalicia LabSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero inaugura o laboratorio de ideas: “Esta alianza coa sociedade evidencia unha Galicia que quere gañar o futuro e un PSdeG en condicións de darlle un goberno mellor”

O secretario xeral propón unha Xunta “emprendedora, innovadora e progresista” para afrontar os retos en “innovación, demografía, transición ecolóxica, vertebración territorial e desigualdade”

Santiago, 14 de decembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe a primeira xornada do laboratorio de ideas, IdeaGaliciaLab, poñendo en valor “a alianza da sociedade cun sentir progresista” cunha organización que “abre as súas portas para incorporar todo o talento e todo o compromiso”.

Esta “alianza”, como dixo o líder dos socialistas galegos, evidencia que “hai unha Galicia que quere gañar o futuro” e que o PSdeG está “en condicións de darlle un goberno mellor”. De feito, referiu o think tank como “o xermolo dun novo tempo político en Galicia”.

“O PSdeG é un instrumento ao servizo de Galicia e queremos amosar que somos a esquerda na que se pode confiar”, recalcou Gonzalo Caballero, antes de presentar como aval o traballo realizado polos dous presidentes socialistas da Xunta, presentes na xornada, e de poñer de relevancia o feito de gobernar en tres das catro deputacións galegas e en cinco das sete cidades.

Así é que, despois de reivindicar que “temos experiencia e temos equipo”, o máximo dirixente do PSdeG sinalou a necesidade de “ampliar as nosas fronteiras” incorporando “as mellores reflexións” da sociedade civil comprometida para levar adiante un cambio no goberno da Xunta.

Trátase, segundo as súas palabras, de “dar unha nova orientación estratéxica” ao goberno galego. “Promoveremos unha Xunta emprendedora, innovadora e progresista”, avanzou Gonzalo Caballero, consciente dos retos que ten Galicia por diante en innovación, demografía, transición ecolóxica, territorio e desigualdade.

E é que, tal e como sinalou, Galicia non pode seguir “no furgón de cola da UE” no que a innovación se refire, nin rexistrando o peor saldo vexetativo de España, nin cun 25% da poboación en risco de exclusión. “Fai falla un novo enfoque”, evidenciou o candidato socialista á Presidencia da Xunta, partidario tamén de buscar novos xeitos de produción e de dar pulo ao medio rural co impulso das cidades.

“UN TEMPO MELLOR”

“Hoxe damos un paso adiante para apostar por un novo goberno na Xunta e temos o reto de facelo entre todos ao servizo do país”, concluíu Gonzalo Caballero, quen avogou por construír un proxecto que leve a Galicia a “un tempo mellor”.

O obxectivo, como dixo, transcende de “unha lexislatura”, posto que persegue orientar o futuro de Galicia “para a vindeira década”. De aí que, engadiu o secretario xeral, a actividade deste laboratorio de ideas se vaia espallar por toda Galicia con xornadas de traballo sectoriais nos distintos eidos.

“FUTURO PARA O PAÍS”

Na inauguración tamén interviñeron os presidentes socialistas da Xunta, Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe, ademais da presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a coordinadora de IdeaGaliciaLab, Noelia Otero.

Pérez Touriño saudou a iniciativa do laboratorio de ideas dende a óptica da importancia de “ensanchar” o partido e da necesidade de abordar “con reflexión” as cuestións fundamentais para Galicia, como a mellora do mercado de traballo ou a crise demográfica.

“Somos os que estamos nas mellores condicións para dar futuro ao país”, aseverou, ao que González Laxe engadiu que “temos a grande oportunidade de plantexar un cambio en Galicia que non podemos desbotar”.

Por iso, pediu ao partido “traballar arreo” para recuperar “valores da sociedade galega como o compromiso, o esforzo e a responsabilidade” que o PP de Feijóo está “tentando debilitar” e para “combater con argumentos e sen medos nin complexos” cos adversarios políticos.

Pola súa banda, Isabel Pardo de Vera fixo fincapé na importancia da “reflexión” na política e puxo o foco na importancia da loita contra o cambio climático e o papel da mobilidade neste eido. E Galicia, recordou, ten “moitísimas potencialidades e riquezas” ambientais, polo que chamou a pulir o deseño do mapa de transporte.

“Ilusión” e “confianza” foron os conceptos sobre os que xirou a intervención do rexedor compostelán, consciente de que en menos dun ano “temos unha oportunidade clara” de dar a Galicia un goberno progresista.

Finalmente, Noelia Otero saudou a creación de IdeaGaliciaLab para aportar reflexións enfocadas a que “Galicia avance”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04