Categorías: Actualidade

O PP négase a avaliar a Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para avaliar a implementación da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras. O responsable socialista puxo en dúbida a eficacia deste programa da Xunta supostamente destinado a implantar un “teórico modelo plurilingüe” no ensino infantil, secundario e FP.

Álvarez criticou que tanto o PP como o goberno galego estean adiando unha avaliación dos programas Plurinfantil, a Rede de Centros Plurilingües, o Pluribach e PluriFP ata o remate do período que contempla a Estratexia en 2020. Advertiu que a avaliación resulta imprescindible para garantir o éxito de calquera política pública, así como para asegurar a súa eficiencia, equidade e transparencia.

Reclamoulles que fagan públicas as avaliacións que teñan feito, e advertiu que “a participación dos alumnos nos programas de mellora da competencia lingüística ten que dar resultado, ou do contrario obrigan a asumir que estes programas non valen para nada”.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego concédelle a categoría de Centro Plurilingüe a calquera deles con tal de impartir “unha única área ou materia en inglés” en algún curso. Sinalou que “a inmensa maioría dos centros plurilingües certificados pola Xunta imparten en inglés educación artística, que son 2 horas á semana –unha de educación musical e outra de plástica- nun só curso.

Deste xeito, de acordo cos datos do Ministerio de Educación do curso 2019-2020, ao analizar a porcentaxe do alumnado que participa en experiencias de utilización de linguas estranxeiras, Galicia atópase 11 puntos por debaixo da media en canto á “aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira”. Esta categoría refírese aos programas que se imparten polo menos en tódolos cursos de cada unha das etapas de ensino obrigatorio.

Sen embargo, Galicia si que destaca na categoría de “Outras experiencias”, onde se atopan os programas que inclúen o uso de lingua estranxeira para unha ou máis áreas ou materias en algún dos cursos. Neste caso, Galicia rexistra un 17 por cento fronte ao 4,2 de media estatal en Primaria e nun 11,9 por cento, por enriba do 3,4 de media, en Secundaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08