Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero advirte de que o apoio de Vox para “salvar ao soldado Feijóo do batacazo electoral” sería “un golpe directo ao autogoberno galego”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, falou hoxe da “estratexia política das dereitas e da ultradereita” despois de que Ortega Smith recoñecese que “quere salvar ao soldado Feijóo do batacazo electoral” que levará en Galicia, seguindo así o ronsel de pactos que xa firmaron en Andalucía, Murcia e Madrid.

“Ortega Smith veu a Galicia a dicir que os votos de VOX están a disposición do PP para tentar acadar un goberno das dereitas coa ultradereita cando haxa eleccións autonómicas”, subliñou o máximo dirixente do PSdeG, quen puxo de relevo que o número dous de Abascal revelou “o que Feijóo non quería admitir: que estaría disposto a sumar coa ultradereita para manter a Xunta”.

A alianza de Feijóo coa ultradereita, segundo Gonzalo Caballero, é “un golpe directo ao noso autogoberno e ao galeguismo extensivo, integrador e comprometido co que construímos o país dende o Estatuto de Autonomía”. Con todo, referiu que a suma de PP, Ciudadanos e Vox non superou nas dúas últimas eleccións xerais o 44% dos votos de Galicia, fronte ao 55% acadado polas forzas de progreso lideradas polo PSdeG.

Así pois, o candidato socialista á Presidencia da Xunta avanzou traballo “para fortalecer esa maioría social progresista e frear á coalición das dereitas e da ultradereita que pon en risco o que queremos para Galicia”.

“TÓMBOLA” DE FEIJÓO

Ademais, na súa comparecencia ante os medios, Gonzalo Caballero sinalou que “Feijóo está enganando de xeito continuo” no que atinxe ao paridoiro de Verín, nunha sorte de “tómbola” na que cada día di “unha cousa distinta”.

“Que se non hai seguridade, que non hai médicos…”, recordou o líder dos socialistas galegos, para concluír que este caso “exemplifica a política de recortes que Feijóo está aplicando no ámbito sanitario, especialmente no medio rural” e o feito de que “a súa palabra non vale nada”.

“En función dos seus intereses, di unha cousa e a contraria”, reprobou Gonzalo Caballero, consciente de que “Galicia non ten un presidente da Xunta á altura da confianza que os galegos merecemos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57