Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero formula ampliar os prazos da comisión de reconstrución para deseñar “os mellores proxectos” de cara a obter fondos europeos: “Non podemos deixar que o Plan Marshall 2 pase de largo por Galicia”

O líder do PSdeG chama a Feijóo a “aparcar o conflito” co goberno de España e subliña que “está amosando a súa inconsistencia” ao decidir agora fortes restricións tras criticar o estado de alarma na primeira vaga da covid

Vigo, 23 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, formulou hoxe alongar o tempo de traballo da comisión de reconstrución para poder deseñar “os mellores proxectos” de cara a obter fondos europeos. “Non podemos deixar que o Plan Marshall 2 pase de largo por Galicia”, advertiu.

Así o dixo ao termo dunha xuntanza con Asime e logo de coñecer que os fondos europeos non van estar dispoñibles antes do 1 de xaneiro, precisamente o mes que PP e BNG pactaron para a finalización dos traballos da citada comisión.

“É difícil definir a reactivación económica antes de saber as regras e de coñecer os cauces para obter os fondos comunitarios”, subliñou Gonzalo Caballero, convencido de que “se a comisión non ten tempo para traballar, verase limitada a súa eficiencia”.

Sobre todo, recalcou, tras 11 anos nos que a Xunta careceu de política económica e industrial e nun momento no que Feijóo “conta cada día unha receita”. “Un día formula sete grandes proxectos para os fondos europeos e hoxe xa fala de máis de 100 sen que se saiban nin os criterios”.

“Feijóo ten a nosa man tendida para alongar os prazos da comisión e ter tempo suficiente para deseñar unha estratexia e un plantexamento de país”, engadiu o líder do PSdeG, consciente de que Feijoo foi “un xestor pésimo no eido económico”, como proba a desaparición de empresas de referencia como Alfageme, Pescanova, Caramelo ou as caixas galegas.

COMPROMISO CO DESENVOLVEMENTO

Tamén na liña do compromiso co desenvolvemento económico e industrial de Galicia, o presidente de Asime, Enrique Mallón, agradeceu a visita de Gonzalo Caballero e a súa conexión constante co sector ao que representa, que engloba o naval, a automoción e o aeronáutico.

Así mesmo, amosou a súa intención de traballar nos retos da transformación enerxética e dixital para optar a fondos europeos.

Do mesmo xeito, consciente de que a industria metalúrxica galega representa unha parte moi significativa do PIB galego e a máis de 65.000 traballadores, Mallón apelou a traballar conxuntamente entre os distintos eidos do naval, da automoción e do aeronáutico.

LOITA CONTRA A COVID

Ademais, no marco desta visita, Gonzalo Caballero puxo o foco nos altos niveis de contaxio de coronavirus que se están rexistrando en Galicia, onde onte se coñeceron 500 novos casos. e chamou a “extremar as preocupacións” para atallar a súa propagación.

“Hai que tomar as medidas necesarias para frear os contaxios, á vez mantendo un nivel de actividade suficiente que non implique un desplome económico”, defendeu o líder do PSdeG, quen fixo fincapé na necesidade de actuar con “responsabilidade e prudencia, cumprindo as normas”.

Ao fío disto, sinalou a Feijóo que ten que “aparcar a busca de conflito” co goberno de España e utilizar os instrumentos xurídicos dispoñibles no caso de que proceda frear a actividade social entre a medianoite e as seis da mañá. “Non entendemos que Feijóo diga que hai que facelo pero sen que sexa a través do estado de alarma ou do toque de queda”, reflexionou Gonzalo Caballero.

A maiores, subliñou que Feijóo “está amosando a súa inconsistencia” cando na primeira vaga da covid “criticou o estado de alarma porque restrinxía dereitos fundamentais” e agora está comprobando que hai que tomar medidas como o peche perimetral de Ourense ou a prohibición de que persoas que non sexan convivintes poidan acudir a un establecemento hosteleiro en Santiago.

“A colaboración e a busca de solucións é a mellor fórmula para defender a saúde e para respaldar tamén a actividade económica e o emprego”, remachou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24