Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Feijóo di que a súa prioridade é traballar por Casado e Ayuso; a nosa é defender aos galegos e galegas e axudar á reactivación de Galicia”

Percorre o último tramo do Camiño de Santiago cos parlamentarios, deputados e senadores socialistas para exemplificar que “seguimos a pé de país” neste ano Xacobeo que é tamén “o ano da vitoria fronte ao virus” grazas á vacinación

O secretario xeral levará “a cada concello de Galicia” o “compromiso galeguista, feminista, ecoloxista e de esquerdas” dun PSdeG volcado en saír da crise “todos xuntos”

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, percorreu hoxe, a poucos días da celebración do 25 de Xullo, o último tramo do Camiño de Santiago en compañía dos parlamentarios, deputados e senadores socialistas de Galicia.

Coa vista posta en que este ano Xacobeo coincide co ano “da vitoria fronte ao virus” grazas ao avance na estratexia de vacinación marcada polo goberno de España, Gonzalo Caballero destacou a importancia do Ano Santo para que sectores como “o comercio, a hostalería e o turismo poidan retomar a súa actividade logo de tantos meses de dificultades”.

Por iso, fixo un chamamento á “prudencia” neste momento de repunte dos contaxios fundamentalmente entre a xente moza. “Temos que cumprir as normas e as restricións e seguir vacinando, que é a maior garantía para todos e todas, para ter un Xacobeo 2021/22 con toda actividade”, recalcou o líder socialista.

Ademais, a ruta a pé dende o Monte do Gozo serviu tamén, en palabras do responsable do PSdeG, para exemplificar que “os e as socialistas seguimos a pé de país coa prioridade na reactivación de Galicia”.

“Seguiremos percorrendo todos os concellos de Galicia para estar en contacto coa xente, e con propostas para defender os servizos públicos, apostar pola xeración de emprego, impulsar as políticas sociais e traballar por que os fondos europeos se aproveiten tamén para a modernización dixital e ecolóxica de Galicia”, subliñou.

De feito, Gonzalo Caballero fixo fincapé no “compromiso galeguista, feminista, ecoloxista e de esquerdas” do PSdeG, un partido que está volcado nunha saída da crise “sen desigualdade” e sen que “ninguén quede atrás”. “Todos xuntos sairemos con máis forza”, recalcou, para deterse na situación que atravesa a xente moza do noso país.

“Queremos que os mozos teñan futuro en Galicia”, recalcou, para propoñer un plan de emprego xuvenil que dea oportunidades laborais a 3.000 mozos e mozas. “Hai que incluir aos mozos e ás mozas na reactivación de Galicia”, reivindicou o máximo dirixente do PSdeG.

DOUS MODELOS

Deste xeito, Gonzalo Caballero contrastou a diferenza do modelo socialista co que se amosa no congreso do PP esta fin de semana.

“Hoxe temos un goberno progresista que apostou pola estratexia europea de vacinación e por un novo Plan Marshall que supón políticas expansivas de gasto público para facer fronte á crise, mentres o PP optou polos recortes e a austeridade na gran recesión”, comparou.

“O noso modelo pensa nas persoas e no benestar”, sinalou, crítico con que Feijóo diga que “a súa prioridade é traballar por Casado e Ayuso”. “A nosa é defender aos galegos e ás galegas e axudar á reactivación de Galicia”.

Ademais, Gonzalo Caballero aludiu ao “grande abrazo” entre Feijóo e Ayuso como unha mostra da “dereita rancia á que non lle gustan os avances sociais e as liberdades” e ata os recorre, coma no caso da lei de eutanasia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28