Categorías: Actualidade

G. Caballero reúnese cos empresarios de Lugo: compromiso socialista coas necesidades da provincia e prioridade da creación de emprego para a reactivación

O presidente da Deputación, José Tomé, destaca o compromiso do goberno de España co tren na provincia e recorda obras pendentes da Xunta para “desenvolver Lugo”

O voceiro da patronal lucense, Jaime López, aposta polo “reequilibrio territorial” de Galicia e destaca a oportunidade dos fondos Next Generation para conseguir elevar a renta per cápita da provincia

Lugo, 16 de xullo de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza coa Confederación de Empresarios de Lugo en compañía do presidente da Deputación, José Tomé.

Nese foro, comprometeuse coas necesidades da provincia e sinalou a importancia de “crear emprego para saír desta crise” e amosouse convencido de que se trata dunha prioridade compartida cos empresarios. Máxime, recalcou, nun momento no que o INE reflicte que o risco de pobreza en Galicia está nos niveis da “gran recesión de 2008″.

Precisamente por iso, Gonzalo Caballero requiriu para Galicia políticas “keynesianas” como as que está levando adiante o goberno de España, para impulsar a saída da crise dende o sector público.

“Cuando non hai cartos nas empresas, na sociedade ou nos petos da xente, as políticas expansivas foron a gran garantía para enfrontar a maior crise”, remarcou o líder do PSdeG, ao tempo que destacou “a capacidade e vontade de concertar cos axentes sociais” do goberno de España.

Nesa liña, Gonzalo Caballero fixo fincapé na importancia de que a Xunta afonde nesa mesma estratexia para facer fronte ao tempo que vén por diante”. “Se a Xunta ten os maiores orzamentos, hai que poñelos en mans de quen os necesita”, enfatizou.

E, no que atinxe á provincia de Lugo, o máximo dirixente socialista puxo en valor que “o noso proxecto” pasa por “dar impulso á provincia” a través non só dos fondos, senón tamén da aposta polas infraestruturas. Así o amosan os 546 millóns de euros consignados polo ADIF para a modernización da conexión ferroviaria Ourense-Lugo.

De infraestruturas falou tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, quen destacou o compromiso do goberno de España co impulso do tren na provincia.

E, coa vista posta na necesidade de dinamizar a provincia e combater a despoboación, recordou obras pendentes da Xunta para “desenvolver Lugo” como o desdobramento do corredor Nadela-Sarria-Monforte, a Ronda Leste ou a variante de Viveiro.

EMPRESARIOS DE LUGO

Finalmente, o voceiro da confederación de empresarios de Lugo, Jaime López, agradeceu a xuntanza e subliñou a importancia dos fondos Next Generation para conseguir elevar a renta per cápita da provincia, dando así “mellores condicións de vida”,  na liña dunha aposta polo “reequilibrio territorial” de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18