Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca que a cidadanía de Ferrol apostou por que o PSOE abra “unha etapa de progreso” fronte a un Feijóo que “pinchou”

O secretario xeral avoga por “desenvolver un proxecto de cidade que permita revitalizar Ferrol” para potenciar tamén a súa área metropolitana

Ferrol, 7 de xuño de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a cidade de Ferrol en compañía de quen está chamado a ser o próximo alcalde, Ángel Mato, a quen as urnas puxeron o pasado 26 de maio á fronte “dunha maioría social de progreso”.

“A cidadanía apostou por abrir unha nova etapa en Ferrol en coordinación co goberno de España”, destacou Gonzalo Caballero, en contraposición co feito de que Feijóo “pinchou” na cidade naval coa súa decisión de situar a un dos seus conselleiros como candidato á alcaldía.

“Ferrol falou e unha maioría apostou con claridade polas forzas de progreso, lideradas con moita claridade polo Partido Socialista”, incidiu o líder dos socialistas galegos, consciente de que a cidade leva tempo “perdendo pulo, forza e ilusión”.

Por tanto, recalcou Gonzalo Caballero, é tempo de “desenvolver un proxecto de cidade que permita revitalizar Ferrol”, para potenciar tamén a súa área metropolitana, en liña co “soplo de esperanza” que supón “a inversión multimillonaria” do goberno presidido por Pedro Sánchez para a construción de cinco fragatas nos asteleiros públicos.

Así pois, o máximo dirixente do PSdeG trasladou “todos os parabéns” a Ángel Mato polo “magnífico resultado” obtido o pasado 26 de maio, cando acadou o 30% dos votos. Agora, coa vista posta na investidura, saudou que “todo se está encarrilando dunha forma axeitada”.

“ABRIR UNHA PORTA AO FUTURO”

Pola súa banda, Ángel Mato aproveitou a comparecencia ante os medios para agradecer a visita do secretario xeral e para censurar que Feijóo “non tivo en conta as necesidades” da súa cidade.

E, como sinalou, o seu proxecto para Ferrol inclúe a colaboración con outras administracións. “Houbo unha aposta do goberno socialista por xerar ilusión con estes 10 anos de traballo coas fragatas, e hai que aproveitar para abrir unha porta ao futuro e acometer o que ten pendente a Xunta”, resaltou.

Ao fío diso, Ángel Mato sinalou a importancia de que Gonzalo Caballero sexa o vindeiro presidente da Xunta, tamén para Ferrol á vista da necesidade de que o goberno galego teña a Ferrol na súa axenda.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08