Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca o “plus” do PSdeG, cunha porcentaxe de apoio en Galicia catro puntos superior á media de España

O secretario xeral resalta que o PSdeG recortou 24 puntos ao PP tras “gañar con claridade” as eleccións, con máis de 500.000 votos e un diferencial de 77.000 papeletas sobre o PP

Santiago, 29 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe que “gañamos con claridade” as eleccións xerais, tanto en España como en Galicia, ao tempo que puxo en valor o “plus” de catro puntos aportado polo socialismo galego á vitoria de Pedro Sánchez con respecto á media española. Deste xeito, o PSdeG acada unha representación de dez deputados e oito senadores, catro e cinco máis, respectivamente, cunha mellora nas catro provincias.

En concreto, o PSOE venceu os comicios en España cun 28% dos apoios, mentres que esta porcentaxe elevouse no caso de Galicia ata o 32%. “É un avance histórico e significativo”, resaltou o líder dos socialistas galegos, quen puxo un “sobresaínte” ao traballo desenvolvido pola organización ao longo deste tempo.

“Os galegos e as galegas están en sintonía co PSdeG”, valorou Gonzalo Caballero, á vista dos máis de 500.000 votos obtidos en Galicia e da diferenza de 77.000 papeletas sobre o segundo partido máis votado, o PP. Ademais, deu conta de que os socialistas galegos “avanzamos en 24 puntos” con respecto aos populares, que “antes superábannos en 19 puntos e agora superámolos en cinco”.

Neste contexto, o secretario xeral asegurou que o partido está con “forza, ganas e ilusión para abrir un novo tempo político en Galicia”, toda vez que aparece “un cambio estrutural nas tendencias” de voto dos galegos. De feito, sinalou como onte Feijóo apareceu “noqueado ante un escenario electoral inédito”.

“Feijóo, que xogou a ser o relevo do PP en España, agora ve como, tras dez anos no goberno da Xunta, a maioría dos galegos e das galegas apoian ao PSOE e dinlle non ao PP”, evidenciou Gonzalo Caballero, despois de facer fincapé en que “o PP pinchou en Galicia e en España”.

“SATISFACCIÓN E RESPONSABILIDADE”

Dito isto, Gonzalo Caballero aproveitou a súa comparecencia ante os medios o día despois dos comicios para trasladar a “satisfacción” dos socialistas galegos e os “parabéns” a Pedro Sánchez por revalidar un goberno que “fixo máis por Galicia en dez meses que o PP en sete anos”.

“Hoxe é un día de satisfacción e responsabilidade”, apostilou o máximo dirixente do PSdeG, quen reafirmou que “os galegos e as galegas poden confiar no PSdeG”.

Ademais, Gonzalo Caballero resaltou o “traballo excepcional” de Pedro Sánchez, ao tempo que lle trasladou “o recoñecemento de todos os socialistas galegos polo seu éxito” nesta cita coas urnas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06