Categorías: Actualidade

O PP mantén á Valedora do Pobo a pesares da sentenza do TSXG

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións ao Valedor, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de manter “enlamada” a institución do Valedor do Pobo ao negarse a cesar á súa titular logo de ser condenada polo TSXG por “arbitrariedade” e “desviación de poder” para concederlle un cargo á irmá do portavoz do Grupo Popular e sobriña do ex presidente Manuel Fraga.

Lamentou a negativa do PP no Pleno do Parlamento á solicitude de cese da actual titular da institución, que tivo que ser presentada polos grupos da oposición despois de que a Valedora se negara a renunciar ao cargo, condicionando a súa decisión a un suposto acordo entre os grupos.
Vilán cualificou de “cachondeo” esta “manobra” xa que, dixo, “a normativa non permite a figura da posta a disposición do cargo de Valedor, ao igual que non permite o enchufe de amiguitos”.

Todo o grupo do PP, agás un deputado que votou en contra, ratificou á Valedora no cargo absténdose na solicitude de cese, ao igual que fixeron en xullo do ano pasado, e a mesma abstención que impediu o trámite da Lei para a transferencia de Tráfico a Galicia presentada polo
Grupo socialista. negaron a pedir a transferencia da competencia de Tráfico para Galicia.

A responsable socialista reclamoulle ao PP que estea “á altura da sociedade”, que nas eleccións xerais de onte “dixo que estaba farta da España da corrupción, da España que manipula ás institucións públicas no seu beneficio”. A mesma, dixo, farta “da España dos nomeamentos a dedo, da que insulta con prepotencia a división de poderes, a España do enchufismo e das familias de toda a vida que quere levar ao Congreso a toureiros e condesas como Dios manda”.

Vilán acusou ao PP de ir contra da súa posición do mes de xullo do ano pasado, cando a portavoz do PP “dicía que había que agardar a que a sentenza fora firme”. Explicou que a sentenza xa é firme logo de que o Supremo rexeitara o recurso de casación presentado pola Valedora “cun custe de 10.000 euros”, e deixando sen posibilidade de recurso contra unha sentenza que sinalaba ademais “numerosas irregularidades” e “vulneración no procedemento” de nomeamento.

A responsable socialista sinalou que a Valedora “xa está amortizada” dende que obtivo a sentenza en contra do TSXG en xullo do ano pasado. Sinalou que “a Milagros Otero propuxérona vostedes, escoiten o que lles dixeron onte as urnas e voten a favor do seu cese” e chamou a “abrir no Parlamento unha nova etapa na Valeduría do Pobo, por nós non vai quedar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13