Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a Verónica Tourón como “unha muller traballadora e comprometida con Salceda”: “a nova alcaldesa ten un proxecto de goberno para todos e todas”

O secretario xeral amosa “o compromiso municipalista do PSdeG”, que goberna ao 55% dos galegos e galegas dende os concellos, como “a mellor garantía para enfrontar os retos da reactivación económica e social”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe á toma de posesión de Verónica Tourón como alcaldesa de Salceda de Caselas en cumprimento do pacto establecido hai agora dous anos.

“Hoxe prodúcese un relevo acordado á fronte do concello e quero trasladar a miña satisfacción e os meus parabéns ao equipo de goberno”, recalcou Gonzalo Caballero, quen destacou a Verónica Tourón como “unha muller traballadora e comprometida co seu pobo”.

“Amosa como as mulleres galegas teñen a forza e a capacidade de conseguir o que se propoñan”, afondou o líder do PSdeG, dende o convencemento de que Verónica Tourón será ao longo dos vindeiros dous anos “a mellor representante na defensa dos servizos sociais, a educación e a sanidade pública e para apoiar aos veciños e veciñas de Salceda cun proxecto de goberno para todos e todas”.

E, logo de poñer en valor que Verónica Tourón é unha muller capacitada “para sacar adiante os retos do seu concello”, Gonzalo Caballero subliñou “o compromiso municipalista do PSdeG” como “a mellor garantía para enfrontar os retos da reactivación económica e social”.

“O 55% dos galegos e das galegas teñen hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista impulsando políticas de progreso para as persoas”, resaltou o máximo responsable do PSdeG, antes de poñer de relevo as alcaldías socialistas en cinco das sete cidades galegas e noutros máis de cen concellos.

Á toma de posesión da nova alcaldesa tamén asistiron o secretario provincial do PSdeG, David Regades; o presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela; os alcaldes da Cañiza, Tui, A Guarda e a alcaldesa do Porriño; os tenentes de alcalde de Mondariz, As Neves e Ponteareas; os deputados autonómicos Paloma Castro e Julio Torrado; e a voceira socialista en Salvaterra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28