Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero preguntará a Feijóo se vai contar cos concellos para a reactivación cando “estes non recibiron ningunha financiación adicional” por parte da Xunta durante a pandemia

Pablo Arangüena destaca que o Grupo Socialista vén de presentar 290 propostas para a reactivación económica “que abarcan todos os problemas que consideramos prioritarios” como economía, sanidade, servizos sociais, igualdade ou transición ecolóxica

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, abordou hoxe, trala celebración da Xunta de Portavoces, a orde do día do próximo Pleno do Parlamento, onde o líder das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, preguntará a Feijóo se vai contar cos concellos de Galicia para a reactivación.

Ao fío disto, Arangüena censurou que os concellos galegos “non recibiron ningunha financiación adicional” por parte da Xunta durante a pandemia, malia que as arcas autonómicas recibiron máis de 1.200 millóns de euros en fondos extra por parte do goberno do estado para atallar a crise da covid.

“Os municipios galegos foron e son a primeira liña na loita contra a pandemia, asumindo competencias que debería realizar a Xunta de Galicia como as de asistencia social ou limpeza e desinfección de centros de saúde e educativos”, subliñou o dirixente socialista, quen pediu ao goberno galego que “aproveite o dinamismo” da Galicia urbana “máis dinámica”, en vez de “facer políticas ás súas costas”, xa que isto supón un “prexuízo para o conxunto da nosa sociedade”.

Noutro orde de cousas, o Grupo Socialista levará a Pleno unha interpelación sobre a necesidade de mellorar as políticas de dependencia cando “Galicia tarda máis dun ano en valorar graos de discapacidade, sendo receptora de fondos do estado procedentes do chamado Plan de Choque para a Dependencia”.

No eido sanitario, a moción do PSdeG será sobre a xestión dos recursos humanos no Sergas cando “temos aínda hoxe 1.000 profesionais menos en atención primaria que no ano 2009”, polo que “pedímoslle á Xunta que reforce o cadro de persoal e reduza a eventualidade nun momento no que sabemos máis ca nunca que a sanidade pública é vital, non só para a saúde senón tamén para a economía”, incidiu Arangüena.

No plano de igualdade, o Grupo Socialista levará a exclusión da quenda de violencia de xénero do turno de oficio para excluír da mesma aos avogados con antecedentes por violencia de xénero, dado que, sinalou, “é evidente que non deberían exercelo, sinaladamente en violencia de xénero”.

No plano educativo, o Pleno abordará, a través dunha proposición non de lei, a necesidade de manter no curso 2021-2022 “como mínimo, o mesmo número de profesores nos centros educativos de Galicia que no curso actual”, dado o “importante” incremento de fondos recibidos do estado para cuestións educativas”.

O fracaso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade tamén irá ao Pleno como pregunta urxente ao goberno galego unha vez que “todos os galegos e galegas somos conscientes das súas virtudes obxectivas tanto pola súa paisaxe como pola súa historia e riqueza patrimonial e medio ambiental”.

Ademais, o Grupo Socialista presentará unha proposición non de lei para instar á Xunta a manter a actividade e o traballo na empresa Xeal de Cee-Dumbría cando “ten competencias en política industrial e elementos de negociación e de presión para conseguir que esta empresa presente un plan de viabilidade e manteña a actividade industrial e o emprego”, xa que é “fundamental para unha comarca deprimida como a Costa da Morte” e “hai que lembrar que se beneficia do dominio público, é dicir, do que é de todos”.

Por último, no eido das infraestruturas locais, Arangüena destacou que se abordará como pregunta oral a previsión do goberno galego respecto da execución, no primeiro semestre de 2021, das obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-552 ao seu paso polo concello de Nigŕan.

COMISIÓN DE REACTIVACIÓN: 290 PROPOSTAS

No día no que se reúne a ponencia da Comisión de Reactivación, o responsable socialista sinalou que o Grupo Socialista remitiu, nas últimas horas, aos outros grupos parlamentarios un documento con 290 propostas para a reactivación “que abarcan todos os problemas que consideramos prioritarios” en economía, sanidade, educación, política social, igualdade, transición ecolóxica ou mesmo propostas “para que se aproveiten mellor os fondos de reactivación Next Generation”.

Nesta liña, cuestionou a posibilidade de que Galicia poida reclamar a xestión propia dos fondos europeos, xa que é “ir en contra da estrutura dos Next Generation” e “o deseño está establecido pola Unión europea”, co que se atopan “nunha dinámica interestatal”. “Pedimos á Xunta que presente bos proxectos, que os defenda axetaidamente e o que o realice con transparencia, explicándollo á cidadanía”, subliñou Arangüena.

Con todo, censurou a actitude do goberno da Xunta que incluíu dentro dos proxectos aos fondos europeos “partidas de proxectos que xa estaban en marcha”, como a reforma de CHUAC da Coruña. “A Xunta pretende que os Next Generation financien tres cartas partes do orzamento que custa o novo hospital” e, incidiu, “vaise xerar frustración na medida en que a Xunta quere optar a fondos europeos por proxectos que non poden ser presentados aos Next Generation”

No plano sanitario, o vicevoceiro socialista incidiu en que o documento recolle “moitas propostas” na liña de “reformar e reforzar” a sanidade pública e a atención primaria e, singularmente, en aumentar o persoal sanitario no Sergas e reducir a súa eventualidade. “A Xunta ten marxe para facer contratacións” e agora mesmo “hai 1.000 prazas menos en atención primaria que en 2009”, sentenciou.

En canto a política social, Arangüena “concordou na necesidade de cambiar o modelo residencial”, que tamén aparece recollido no citado documento a través de diversas propostas para, entre outras cuestións, reforzar o sistema de inspección e control, xa que “Galicia ten a segunda taxa de inspectores por poboación máis baixa de España” e cando o número de inspeccións que se fan cada ano “é ridículo”.

Nesta liña, incidiu en que a pandemia “puxo de manifesto as eivas do actual modelo” que “está ao servizo de intereses privados” e cando “constatamos que hai unha conivencia con empresas do sector”.

No eido da igualdade, o dirixente socialista sinalou que o documento recolle “abundantes propostas” logo de lembrar que o pasado venres o PSdeG presentou unha proposición de lei “para que haxa paridade nos órganos da Xunta”. “Consideramos altamente chamativo e negativo que nunha sociedade público-privada do goberno galego haxa 9 homes e ningunha muller no consello de administración”, censurou.

TRANSFERENCIA DE COMPETENCIAS DE TRÁFICO

Logo de ser preguntado polo cambio de opinión do PP nas transferencias de competencias de tráfico, Arangüena lembrou que “dende que chegou Feijóo á Xunta non houbo nin unha soa transferencia de competencias”, polo que “o proceso de mellora do autogoberno en Galicia quedou conxelado e paralizado”. Fronte a isto, incidiu, o Grupo Socialista presentou distintas proposicións para mellorar o autogoberno, entre elas, o control e xestión do tráfico.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13