Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a recuperación do Pazo de Meirás e a lei de morte digna: “Avanzamos en dereitos mentres o PP tenta entorpecer nos tribunais”

O líder do PSdeG destaca que arranca “unha nova fase” no camiño cara a normalidade coa retirada das máscaras ao aire libre: “a estratexia de vacinación impulsada polo goberno de España está sendo un éxito”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reclama a Feijóo “que aposte de verdade pola igualdade e que nos defenda a todas as mulleres, porque é a súa obriga”

Pontevedra, 26 de xuño de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe no Comité Provincial do partido en Pontevedra, onde aproveitou para poñer en valor os avances acadados polo goberno de España.

“O país avanza cando hai gobernos de progreso”, recalcou o líder do PSdeG, sinalando que “a aposta polo feminismo, a aprobación da lei de morte digna ou a devolución do Pazo de Meirás ao público levan o selo do PSOE”. “Coa dereita non habería avances”, enfatizou.

Co foco posto na apertura do pazo que durante décadas ocuparon os Franco, Gonzalo Caballero salientou que “o goberno de España puxo a todo

o aparato xurídico do Estado” a traballar para recuperalo, algo que nunca tería sucedido co PP no goberno.

Do mesmo xeito, o dirixente socialista referiuse á entrada en vigor da lei de morte digna, xa que “mentres o goberno aposta por novos dereitos, o PP busca entorpecelos nos tribunais” a través dun recurso similar ao que xa formularan contra o dereito á interrupción do embarazo ou contra os matrimonios entre persoas do mesmo sexo.

Ademais, en compañía da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e do secretario provincial do PSdeG, David Regades, Gonzalo Caballero esixiu a Feijóo que deixe de “renegar” e de “atacar” a igualdade entre homes e mulleres dando o seu “beneplácito a alcaldes condenados por ataques machistas”.

Neste punto, o máximo dirixente do PSdeG deixou claro que “o discurso de Feijóo apostando polo feminismo do PP non ten credibilidade, xa que el mesmo está amparando ataques contra as mulleres” coma no caso do alcalde de Vilanova contra Carmela Silva.

NOVA FASE DA PANDEMIA

Ademais, no día no que arranca “unha nova fase” no camiño cara a normalidade coa retirada das máscaras ao aire libre, Gonzalo Caballero destacou que “a estratexia de vacinación impulsada polo goberno de España está sendo un éxito”.

“Entramos nunha nova fase cara a normalidade”, subliñou, ao tempo que saudou que máis da metade dos galegos e galegas xa teñen cando menos unha dose da vacina e iso permite “mirar o futuro con esperanza”.

Tras amosar o seu “agradecemento aos profesionais sanitarios”, recordou como “Feijóo dicía que non habería vacinas ata o segundo trimestre do ano” e que “o nacionalismo galego receitaba vacinas cubanas, chinas ou rusas”. “O goberno de España apostou pola ciencia e polos profesionais sanitarios e marcou unha estratexia de éxito”, concluíu.

Así pois, agora que “empezamos a albiscar a superación dos peores escenarios da pandemia”, Gonzalo Caballero chamou á “prudencia” ao longo do verán e a traballar dende as administracións para reactivar a economía.

“A Xunta ten que poñer fondos a disposición da xente. Xa perdeu os primeiros seis meses do ano na tarefa da reconstrución e non pode perder seis más, porque hai moita xente que o está a pasar moi mal e que necesita axuda para saír adiante”, finalizou, aludindo así a milleiros de propietarios de locais de hostalería ou comercio e a pemes e autónomos de Galicia.

CARMELA SILVA

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, chamou a “apostar fortemente pola reconstrución social e económica” agora que estamos “saíndo da pandemia”.

“Hai que rematar co modelo de Feijóo de repartir recursos a dedo dependendo de quen goberne”, incidiu a dirixente socialista, e contrastou este feito co “modelo transparente da Deputación de Pontevedra”.

Ademais, Carmela Silva reclamou a Feijóo “que aposte de verdade pola igualdade e que nos defenda a todas as mulleres, porque é a súa obriga”. Así, ao igual que Gonzalo Caballero, puxo en entredito a suposta aposta de Feijóo polo feminismo de cara ao congreso do PPdeG: “as verbas non valen, valen as accións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24