Categorías: Secretaría XeralUncategorized

G. Caballero referenda “o compromiso municipalista do PSdeG”: “Hai dous anos tivemos o mellor resultados nunhas eleccións locais e estamos en condicións de arrasar ao PP en 2023”

O líder socialista critica “o desprezo e a desatención que lle dedica Feijóo ao municipalismo galego” cando recorta fondos aos concellos logo de percibir 2.000 millóns de euros extraordinarios do goberno de España

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliña que a Xunta dedicou “cero” euros aos concellos fronte ao “impulso continuo” que aportou o goberno de España: “Esa é a racanería de Feijóo”

A secretaria de Política Municipal do PSOE, Susana Sumelzo, denuncia que “la Xunta ha eludido sus competencias” durante la pandemia e asegura que “Feijóo miente” cando di que o goberno de España non apoia aos concellos

O presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reclama que os concellos sexan “partícipes da reactivación económica” e garante que “seguiremos pelexando por ter fondos extraordinarios da Xunta”

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destaca que “os concellos volcámonos” coa cidadanía durante a pandemia pero recalca que esta crise “puxo en evidencia as carencias” que hai que corrixir

A vicepresidenta da Fegamp e alcaldesa de Betanzos, María Barral, demanda “que se aclaren as competencias” que teñen que asumir os concellos e “respecto á autonomía municipal”

Santiago, 27 de xuño de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, referendou hoxe, nun encontro con alcaldes coincidindo co ecuador do mandato local, “o compromiso municipalista do PSdeG”. “Sodes a referencia para a saída desta crise e na defensa das persoas”, destacou, poñendo en valor así a xestión dos concellos dende os primeiros momentos da pandemia.

“Hai dous anos levamos ao partido ao maior éxito municipal, e estou seguro de que co magnífico traballo dos alcaldes socialistas e coa dignidade coa que traballamos onde non estamos gobernando, volveremos gañar as eleccións municipais dentro de dous anos. Arrasaremos nas municipais en Galicia fronte a unha dereita que quere arrasar cos galegos e coas galegas”, enfatizou o líder do PSdeG nun acto baixo o lema ‘Concellos Progresistas pola Reactivación’ no que tamén interviñeron o presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente e a vicepresidenta da Fegamp, Alberto Varela e María Barral; a secretaria de Política Municipal do PSOE, Susana Sumelzo; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, como alcalde anfitrión.

Nese foro, o máximo dirixente do socialismo galego subliñou o traballo feito polos 113 alcaldes e alcaldesas do PSdeG nuns momentos tan “difíciles”, facendo “a mellor política para sacar ao país adiante” dende cada concello. De feito, relatou como, dende a chegada da covid, os concellos achegaron “material sanitario e de protección”, realizaron “tarefas de desinfección de colexios e residencias”, puxeron a súa atención sobre “as persoas sen fogar e a xente máis desfavorecida” e colaboraron para “reactivar” a economía en cada cidade e cada vila fronte á “indiferenza da Xunta”.

“Sodes o exemplo de que non só e posible outra Galicia, senón que xa existe”, incidiu Gonzalo Caballero, quen subliñou que “o municipalismo galego non merece as aldraxes, o ninguneo, a desatención e os desprezos que a Xunta lle vén dedicando”. Un exemplo dese “antimunicipalismo”, evidenciou, atópase no feito de que Feijóo segue recortando as transferencias aos concellos a pesares de recibir 735 millóns de euros extraordinarios do goberno de España en 2020 que se suman aos máis de 1.100 consignados extraordinariamente para este ano. “O Feijóo que reclama cogobernanza ao Estado é o mesmo que lla nega aos alcaldes e alcaldesas de Galicia”, criticou, para esixir á Xunta “un novo pacto local” que dea aos concellos os fondos que precisan.

Dito isto, rexeitou que a Xunta reparta as axudas aos concellos de xeito “discrecional”, seguindo “o modelo Baltar”. Hai, dixo, “convocatorias nocturnas” e sen concorrencia, que abren ás doce de noite e pechan 20 minutos máis tarde, e “discrimínase” á veciñanza ao obviar que 1,5 millóns de galegos teñen hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista mentres só medio millón de persoas contan cun rexedor do PP en Galicia.

E, na liña de demandar o financiamento necesario para os concellos, ademais de demandar un incremento do Fondo de Cooperación Local, Gonzalo Caballero instou á Xunta a pagar aos concellos 12 euros por hora do Servizo de Axuda no Fogar desde este 2021 e 16 euros por hora desde 2022, pois o custe por hora pode superar os 19 euros e iso é competencia da Xunta.

“ABRIR UNHA NOVA PÁXINA”

Neste escenario, Gonzalo Caballero defendeu que “é tempo de abrir unha nova páxina: a páxina da esperanza e da ilusión” porque co “éxito” da estratexia de vacinación seguida polo goberno de España hoxe podemos comezar a falar da reconstrución do país e de facelo “con políticas inclusivas, que non deixen a ninguén atrás”.

Logo de dar lectura aos 113 concellos que teñen hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista, o secretario xeral do PSdeG deixou claro que non se pode encarar a saída da crise “sen contar cos concellos”, ao tempo que comprometeu que o seu traballo ao longo dos próximos anos estará “centrado na reactivación” de Galicia.

E, tras recordar que Feijóo “errou” cando buscou “o conflito” fronte á campaña de vacinación deseñada polo executivo estatal -mentres o nacionalismo galego “receitaba vacinas rusas, chinas e cubanas”-, Gonzalo Caballero sinalou ao presidente da Xunta que ten que amosar agora “se está ao servizo dos galegos ou de Casado e Ayuso”.

ABEL CABALLERO: “ONDE ESTIVO A XUNTA?”

Na súa quenda, o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, preguntouse “onde estivo a Xunta” ao longo desta pandemia, posto que destinou aos concellos “cero” euros para enfrontar as necesidades da súa veciñanza.

“A Xunta, sinxelamente, non estivo”, reprobou o rexedor olívico antes de preguntarse “como se atreve a falar Feijóo de racanería” por parte do goberno de España cando a administración local ten que pagar “a incompetencia” dunha Xunta que non cumpre cos servizos que ten que prestar á cidadanía.

“Os concellos estamos recibindo o impulso do goberno de España de forma continua, pero da Xunta, cero”, recalcou Abel Caballero, antes de subliñar que o goberno galego recibiu o ano pasado do executivo estatal 735 millóns de euros que non repartiu co municipalismo. “Esa é a racanería de Feijóo”, sentenciou.

Ao fío disto, o presidente da FEMP exemplificou a falla de axuda da Xunta aos concellos cos 320 millóns de euros que o goberno de España destinou ás comunidades para reforzar a política social. “Canto recibistes da Xunta?”, preguntou ao resto de alcaldes: “cero”, respondeu co respaldo dos mandatarios presentes.

De feito, Abel Caballero situou nese tipo de decisións “o inicio da deriva cara a desatención da xente” que practicou a Xunta durante a pandemia. Tanto é así que remarcou que “aínda non sabemos a onde foron” os recursos que o Estado destinou á nosa comunidade,

REFORMA DA FINANCIACIÓN LOCAL

En relación co anterior, o responsable da federación española de municipios defendeu que “hai que cambiar a forma de plantear a financiación local” cara un sistema no que “as autonomías teñen que entender que teñen que estar a carón dos concellos”.

“E sen confrontación”, recalcou Abel Caballero, antes de criticar que “aquí, en Galicia, non atopamos esa cooperación”.

“En vez de velar polos concellos, que son a xente, Feijóo prefire dicir sempre que non a todo”, reprobou o alcalde de Vigo, consciente de que as posicións da Xunta en cada xuntanza cos ministerios son “en contra nosa”, do municipalismo, e “nós estamos centrados nas persoas”.

Así é que, fronte a ese “abandono” da Xunta aos concellos e á xente, Abel Caballero prognosticou que “volveremos gañar, e de que forma” ao PP nas locais de 2023. “Porque Galicia necesita do municipalismo socialista”, proclamou.

SUSANA SUMELZO: “FEIJÓO HA ELUDIDO SUS COMPETENCIAS”

A continuación, a secretaria de Política Municipal do PSOE, Susana Sumelzo, agradeceu a invitación a este acto, “o primeiro” destas características en toda España tras meses de pandemia. “Quiero reconocer el trabajo de los socialistas gallegos”, trasladou, ao tempo que resaltou a “vocación municipalista” do partido.

De feito, puxo en valor que o 55% dos galegos teñan hoxe un alcalde ou alcaldesa socialista “que responde y da solución a los problemas” fronte a unha Xunta “irresponsable” que “ha eludido sus propias competencias” durante la pandemia.

Neste punto, a dirixente do PSOE fixo “un reconocimiento” á tarefa dos alcaldes e alcaldesas socialistas nun momento no que o PP está amosando “su incapacidad” para dar respostas.

Ademais, Sumelzo asegurou que “Feijóo miente” cando di que o goberno de España non está apoiando aos concellos, máxime á vista de que “callaba cuando gobernaba el PP”. “Se olvidó de la asfixia de los ayuntamientos y de su abandono cuando gobernaban Rajoy y Montoro”, reprochou.

Fronte a isto, a responsable de Política Municipal do PSOE subliñou que “el gobierno de Pedro Sánchez ha hecho mucho más por los ayuntamientos en tres años que el gobierno de Rajoy en siete”.

“Y seguiremos avanzando y resolviendo problemas”, comprometeu, consciente de que “son tiempos muy complicados” tanto para a veciñanza como para quen está á fronte dos concellos e de que “ni el PP ni la Xunta han estado a la altura”.

“En Galicia, si no hubiera esta red municipal de protección de las personas, otro gallo cantaría”, finalizou a respondable federal socialista, antes de poñer de relevo o traballo do PSdeG “plantando cara a este PP mentiroso”. “A seguir trabajando para seguir mejorando”, finalizou a súa intervención.

ALBERTO VARELA: “QUE SE ESCOITE AOS CONCELLOS”

A continuación, Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Vilagarcía de Arousa, reclamou que “se escoite a voz dos concellos” coa vista posta na reconstrución de Galicia tralo paso da covid.

“Temos que ser partícipes da reactivación económica como xa o fomos dende o principio da pandemia, tomando medidas para axudar aos nosos veciños e veciñas”, afirmou Alberto Varela, sen esquecerse de como a Xunta fixo aos concellos “traballar a cegas” ao non informar nin dos datos dos contaxios en cada municipio.

Así pois, sen deixar de requirir “coordinación” e “información” á Xunta, o rexedor vilagarcián recriminou ao goberno galego que “nos enteremos polo DOG do que temos que facer” sen que en tantos casos existise ningún tipo de comunicación previa.

Do mesmo xeito, incidiu en que “é o momento de abordar reformas” que clarifiquen o papel dos concellos e as súas competencias, porque “non pode ser que cada vez teñamos que facer máis cousas con menos recursos”.

Neste punto, o socialista arousán agradeceu a tarefa do presidente da FEMP á hora de conseguir que os municipios poidan utilizar os seus remanentes e garantiu que “seguiremos pelexando por ter fondos extraordinarios da Xunta” e por participar na xestión dos cartos que chegan da UE.

Cómpre, concluíu o presidente dos alcaldes galegos, reverter a visión de que os concellos son “o irmán pequeno” das administracións, o que ten que estar “tutelado polos pais”.

MARÍA BARRAL: “REIVINDICAMOS A AUTONOMÍA LOCAL”

Tamén interveu a vicepresidenta da Fegamp e alcaldesa de Betanzos, María Barral, quen demandou “que se aclaren as competencias” que teñen que asumir os concellos, ao tempo que reclamou “respecto á autonomía municipal”.

“Porque os concellos somos os que mellor sabemos das necesidades dos nosos veciños e veciñas”, argumentou a rexedora betanceira, quen recordou que, a pesares de que os municipios non teñen competencias en materia de emprego, si reciben ás persoas con problemas de falta de traballo.

BUGALLO: “VOLCÁMONOS NA CRISE”

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou que “os concellos volcámonos na emerxencia que trouxo a pandemia”, traballando para “manter os servizos públicos”, facendo actuacións “de limpeza e desinfección” e “atendendo aos sectores económicos que, nese momento, quedaban en colapso”.

Iso si, subliñou que a pandemia “deixou en evidencia moitas carencias”, polo que “cómpre reflexionar sobre o futuro que queremos para os concellos”. Nese punto, incidiu na importancia dos fondos europeos e tamén da participación dos entes locais nos cartos que chegan a Galicia do goberno de España.

Así o dixo o primeiro edil compostelán logo de concordar co resto dos participantes nesta xornada municipalista nunha mensaxe de recoñecemento ao acerto da dirección do partido encabezada polo secretario xeral, Gonzalo Caballero, polo compromiso organización deste acto.

Posteriormente, nunha mesa de traballo sobre retos do municipalismo interviñeron tamén as alcaldesas de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, e Trabada, Mayra García, os alcaldes do Carballiño, Francisco Fumega; Pedrafita, José Luis Raposo; e Cariño, José Miguel Alonso Pumar; e o delegado do goberno, José Miñones, na súa calidade de ponente sobre municipalismo para o congreso federal. Os participantes incidiron na falla de compromiso da Xunta cos concellos, nas dificultades específicas en concellos pequenos do interior e no compromiso municipalista necesario para saír da crise.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13