Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a importancia do movemento veciñal para conformar “unha grande alianza social” coa que dar “un cambio a Galicia”

Vigo, 8 de novembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou este xoves unha conferencia-debate organizada polo Foro Cívico de Vigo, na que destacou a importancia do movemento veciñal na tarefa de conformar “unha grande alianza social” que permita “dar a Galicia o cambio que necesita”.

Neste contexto, o líder dos socialistas galegos sinalou a relevancia de escoitar as “inquedanzas” dos cidadáns e das cidadás, coa idea de “non resignarse a ter un país cada vez máis cativo” e con menos opción de futuro.

“O proxecto de Feijóo xa está agónico”, remarcou Gonzalo Caballero, non sen antes apuntar que hoxe Galicia ten uns servizos públicos “de peor calidade”, uns sectores produtivos “máis débiles” e menos oportunidades de traballo, así como un emprego “de peor calidade”.

“Temos motivos para pedir aos galegos e ás galegas que se comprometan co noso proxecto”, engadiu o máximo dirixente do PSdeG, partidario de construír “unha Galicia distinta, de futuro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04