Categorías: Actualidade

Proposta de mínimos contra o veto do PP na Comisión de Investigación da Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou hoxe xunto cos portavoces de BNG e En Marea unha proposta “de mínimos” para incorporar novas comparecencias á Comisión de Investigación da Sanidade. Os tres grupos parlamentarios presentan unha proposta conxunta fronte ao “veto” imposto polo PP, que continúa en solitario co órgano ao intentar impedir as solicitudes da oposición.

Apuntou que “non aceptaremos, sen erguer a voz, a doma e castración da oposición de Galicia”, reclamou respecto á pluralidade social e política de Galicia e advertiu que “non vamos subordinarnos á estratexia do PP, aos seus vetos nin aos seus medos”. Instou ao PP a “escoller” pola vía da “flexibilidade” aceptando as propostas da oposición ou continuar coa “anomalía democrática” que supón unha Comisión de Investigación unilateral.

Fernández Leiceaga explicou así que resulta “fundamental” a presenza dos familiares do paciente falecido no PAC da Estrada, así como do coordinador do servizo, o médico que non estivo aquel día, á xerente da Eoxi ou coñecer como se organizan as substitucións. Reclamou tamén a presenza da asociación que representa ao enfermos da Hepatite C aos que se lles negou o tratamento, así como do médico que fixo a denuncia e dos altos cargos do Sergas que foron encausados.

A proposta da oposición tamén inclúe, dixo, a presenza dos representantes da sanidade privada ou do Hospital concertado de Povisa, que atende a 180.000 habitantes da área de Vigo, para coñecer como afectaron os recortes á sanidade pública. O mesmo sucede cos representantes médicos dos PACs de Galicia, que actualmente están en folga en protesta polos recortes do goberno galego e aos que o Grupo Popular quere amordazarlles a súa intervención no Parlamento.

Proposta de mínimos

Sinalou que os tres grupos da oposición volven condensar o número de comparecentes que teñen solicitado a condición de que o PP renuncie a vetar ningunha proposta. Sinalou que dos en torno a 200 comparecentes orixinais, os tres grupos que solicitaran a Comisión pasaran nun primeiro momento a unha proposta conxunta de 90, que agora é reducida a 44, co que cada grupo propón a metade dos 26 do PP, e xuntos suman 70, os mesmos que na Comisión de Política Forestal.

Xoaquín Fernández Leiceaga explicou que aceptará todas as peticións de comparecencia do PP, quero reclamou que este permita que a comisión acolla “pluralismo de voces” e non só a visión unitaria do grupo que sustenta ao goberno.

Criticou o uso do “método albertiano” que fixo o Grupo Popular do Regulamento do Parlamento, que “aparenta a máxima transparencia” pero non dubida en vulnerala no momento decisivo. Explicou que o Regulamento permite que os grupos da oposición constitúan unha soa Comisión de Investigación por Lexislatura sen ter que contar co beneplácito do PP, e que ademais fan un uso “responsable e non electoralista” da mesma convocándoa dous anos antes das eleccións.
As normas democráticas, dixo, “teñen que ser máis que unha mera formalidade”, así como o “respecto ao pluralismo” que vén de vulnerar o PP bloqueando de entrada a proposta dos grupos da oposición. Agora só cabe, resumiu, que o PP decida “entre normalizar a situación ou a estratexia casadista de utilización partidaria e espuria dos mecanismos institucionais”

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41