Categorías: Actualidade

A Xunta desenténdese da xestión de plásticos agrícolas

O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, criticou hoxe en Comisión que a Xunta teña descargado nos produtores a recollida de plásticos agrícolas ao negarse a reeditar o concurso cofinanciado coa UE caducado en novembro de 2017. Denunciou que por negarse a pagar 24.200 euros teña perdido en torno a 96.000 euros de Fondos Feder, que cubrían o 80 por cento do custe.

O responsable socialista sinalou esta mostra de desleixo do goberno galego, que agora obriga a que asuman a xestión destes residuos os produtores dos mesmos, que de acordo coa Lei de residuos son os que teñen que asegurar o tratamento adecuado, ou no seu caso dos concellos que opten por apoiar ás empresas agrarias do seu territorio.

Sinalou que a negativa do goberno galego a investir 24.200 euros obriga a concellos rurais a afrontar o procesado dos residuos que en casos como o de A Capela, un pequeno concello rural de 1.200 habitantes, 88 granxas e 2.600 cabezas de gando, ten que dedicarlle 10.000 euros para procesar 80 toneladas de residuo.

Lamentou que “esta sexa a forma na que o goberno galego entende a que foi bautizada por Feijóo como A Lexislatura do Rural”, deixando ao albur de concellos e particulares a xestión do grave problema ambiental que supón a xeración de residuos de plástico por negarse a poñer o 20 por cento dun programa cofinanciado coa UE para a recollida, transporte e valorización dos residuos de plásticos agrícolas.

Explicou que actualmente “o agro galego xera cada ano ao redor de 7.700 toneladas de plásticos, das que 4.800 son de silo, 900 de invernadoiro e 2.000 de bolsas para silo”, unha cantidade que “vai en aumento” polo incremento de, por exemplo, as forraxes para explotacións lácteas, que precisan moita forraxe, o que “significa moito silo e, en consecuencia, moito plástico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41